Hospital Montecelo |
Unha persoa foi trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras resultar ferida leve nun accidente de tráfico. O curioso do caso é que o sinistro no que sufriu os danos produciuse xusto ás portas doutro centro hospitalario, Montecelo.
Segundo o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 13.04 horas e consistiu nunha colisión por alcance diante de Montecelo. A alerta deuna o 061, que tamén procedeu á atención da vítima.
Fontes de Urxencias Médicas de Galicia 061 indicaron que a raíz deste accidente rexistrouse un ferido, unha persoa que foi trasladada cun pronóstico leve ao Domínguez por unha ambulancia asistencial.
A todo esto supoñemos que o traslado a o H. Domínguez fíxose pola levedade das feridas, pois si estivese máis grave e o paciente morre na viaxe..........
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.