Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de enero de 2013

VALORACIONS DOS DATOS NEGATIVOS DO PARO NA RIA DE AROUSA





As comarcas do Salnés e o Barbanza están á cabeza de España na destrucción de emprego.


Así valoraba o BNG os datos do paro no mes de decembro. Dende a formación nacionalista calificaron de alarmante a situación pola que atravesa tanto o Salnés como o Barbanza, á cabeza de España en canto á destrucción de emprego se refire. Montse Prado considera que estes datos son reflexo da mala xestión política do Partido Popular, tanto a nivel nacional, como autonómico e municipal.
Dende o BNG tamén quixeron valorar os orzamentos da Xunta para o 2013. Os nacionalistas cargaron contra a política de recortes, a perda de dereitos dos cidadáns ou o desmantelamento dos servizos públicos . 
Prado e Allegue lembraron  ós populares as promesas incumpridas no 2012: as melloras e reformas dos colexios de Vilalonga ou Magariños, o centro de saúde da Illa de Arousa ou as actuacións levadas a cabo no Hospital do Salnés, que segundo eles, non respondían as demandas e necesidades da cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.