Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de enero de 2013

UNHA RESIDENCIA PARA A TERCEIRA IDADE PECHADA DENDE FAI CATRO ANOS






Concello de O Carballiño
A Residencia do Maior do Carballiño foi rematada no ano 2009 e ten capacidade para 80 persoas dependentes. Dende o ano de remate está pechada e deteriorándose poplo que xa que se tiveron que facer obras de reparación por estar sen usar.

No BOE http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/11/pdfs/BOE-A-2012-7791.pdf publícase unha subvención de 652.800€ para maquinaria e equipamento na residencia dos maiores e aínda non sabemos si se fixo efectiva ou non.

O custo da obra (a construción da residencia) foi de 6.500.000€, unha inversión a día de hoxe tirada, non só por o que significan os cuartos, senón polo significado de servizo público nun pobo como o Carballiño necesitado de prazas para persoas maiores e sobre todo dependentes, existindo nestes momentos unha importante demanda de prazas públicas e a Administración está a desviar ditas peticións de prazas a Residencias Privadas Concertadas, evidenciando unha vez máis o interese do Partido Popular en privatizar todos os servizos públicos, para facer negocio a conta dos mesmos.

O deseño da nova Residencia do Maior do Carballiño provocou que se reduxesen a metade o número de residentes na Residencia que xa existía, pasando de ter unha capacidade de 48 residentes a 24 residentes na actualidade, o que provoca a non apertura da Nova Residencia un dobre prexuízo, xa que a día de hoxe na vila máis importante da Provincia soamente se ofrecen 24 persoas para toda a Comarca do Carballiño nunha residencia de maiores. Tendo en conta o envellecemento da poboación, pon de manifesto o abandono que supón este tipo de políticas para a Comarca.

Polo tanto e lóxico esixir a apertura inmediata da Nova Residencia do Maior do Carballiño, con xestión pública e dotada das empregadas e empregados públicos necesarios para o seu correcto funcionamento, xa que de ningunha maneira consentiríase a súa privatización ou que se encomende a súa xestión a unha empresa privada.

Non se pode aceptar de ningún xeito a escusa de que non hai dispoñibilidade orzamentaria, máxime cando en decembro do ano 2012 se publica a subvención de 14 millóns de euros para a construción dunha residencia de atención a discapacitados privada en Bóveda, Lugo. A residencia crearía uns 50 postos de traballo directos e outros tantos indirectos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.