Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2013

TODO MOI BONITO PERO SEN APARCAMENTOS










O Concello de Cambados no seu afán de facer un povo máis bonito e accesible está a eliminar prazas de aparcamento. No verán habilitou un carril da estrada paralela a o paseo marítimo que agás nas festas de verán é moi pouco ou nada utilizado e cando é máis necesario (mércores e sábado) por mor do mercado é ocupado polos postos de roupa e calzado do mercadiño. 
Un dia pola semán.

Ante esta situación os automobilistas na procura de espazos onde aparcar e ante a pasividade da Policía Local e Concello aparcan onde lles peta sen ningún problema. Enriba de beirarrúas, en prazas pechadas a o tráfico, en dobre fila etc. Aínda que non toda a culpa e do Concello ou da Policía Local, pois todos sabemos que moitos conductores son “moi cómodos” e queren levar o coche ata o sitio xusto a o seu destino, dende o Concello non se fan as cousas prometidas, coma o tan famoso aparcamento para 400 prazas debaixo da praza de abastos.


Estes días estamos a ver a remodelación da rúa A Pastora no seu primeiro tramo dende Isabel II ata o Castriño. Beirarrúas demasiado amplas que eliminan máis dunha ducia de aparcamentos e que van a ser transitadas, as beirarrúas, por automobilistas que teñen os seus garaxes nesas rúas. E parece que a idea é a de seguir toda a rúa ata Santa Mariña.

A todo esto a Policía Local onde está?. No verán porque fai calor e no inverno porque chove e vai frío non se ven pola rúa, e si saen e nos coches ou para reunirse xunto a o obelisco que está entre o Centro 
de Saúde e a praza de abastos ou tamén para
 "recaudar" na Praza de Fefiñáns.


Dende este blog xa nos fixemos eco do sentir de cambadeses e visitantes que non poden pasear polas beirarrúas pois están ocupadas por coches, a rúa Castelao, frente a Capela do Hospital, a mesma rúa Hospital, os problemas das rúas de Fefiñáns pola peonalización sen control durante o verán.
Por todo eso deberían dende o Concello pensar mellor as cousas que fan, pois da que pensar en que o que menos lle importa a o señor alcalde e a cidadanía e o seu ben estar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.