A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas da Xunta incrementaron nun 56 por cento o operativos na loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal, que se reflicten na incautación de case 13.000 quilos de marisco e máis de 2.100 persoas identificadas no pasado exercicio.
Diso informou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na roda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, na que se aprobou o informe da colaboración durante 2012 entre a Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas da Xunta e na que o mandatario autonómico sinalou que "en 2013 o obxectivo é ampliar nun 60 por cento o persoal que se dedica a estas tarefas". Quitarán enchufados doutro lado para metelos aquí.
Segundo detallou a Xunta, os axentes autonómicos estableceron dispositivos con persoal propio, pero tamén realizaron outros dispositivos conxuntos con guardacostas, que lles permitiron o control do furtivismo e marisqueo ilegal, tanto na súa actividade extractiva como tamén de saída do produto, venda e transporte.
A Xunta avanzou que, de cara ao 2013, coa chegada de novos efectivos á Policía Autonómica e coa ampliación en case un 60 por cento do persoal do equipo Erpol, esta colaboración manterase e ata ampliará, de forma que se consoliden as intervencións do persoal policial nas tarefas de control e loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.