Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de enero de 2013

O MINISTRO SORIA MINTE TANTO COMA RAJOY...(ou polo menos agocha cousas)





Fai uns dias dixeron dende o Governo ou desgoverno de Rajoy que o gas en bombona como o gas cidade non ía a subir. "Que te lo has creído" deberon pensar esas fontes tan fiables.

Por agora xa sobe tamén o prezo da bombona. En contra do que afirmou o Ministro de Industria, José Manuel Soria, fai menos dun mes.

Este ben básico ven de aumentar o seu prezo, se ben non por cousa do IVE, por mor do gravame dun imposto especial sobre hidrocarburos, que penaliza a partires deste ano o consumo destes combustibles. Deste xeito a bombona laranxa de toda a vida custa a día de hoxe 16,32 euros; 22 céntimos, un 1,3 % máis que fai un par de semanas. Esta enésima suba ven a desgustar á cidadanía das Rías Baixas que non sabe que máis pode facer para chegar a fin de mes.

Tras tanto incremento, a veciñanza non dá feito números neste costa de xaneiro máis empinada que nunca.

O desconcerto é tal que só cabe consolarse agardando a que cheguen tempos mellores. Respecto ó ano pasado a bombona de butano custa tres euros máis, o que significa un encarecemento do 23.6 %. E é que fai agora un ano pagabamos por ela 13´20 euros.
O seu prezo record bateuno o pasado mes de xullo cun custe de 16´55 euros a unidade.

A continuación veredes os novos precios en euros i en pesetas que xa entraron en vigor fai dias


BOMBONA DOMESTICA BUTANO (12,5 KG.) 16,32€ (2715Ptas)                                                                                                       O PREZO ENTRO EN VIGOR Ás 0 HORAS DO DIA 1 DE XANEIRO DE 2013. APLÍCASE O IMPOSTO DE HIDROCARBUROS (IH) 0,187 EUROS.                                                                                       
BOMBONA DOMESTICA PROPANO (11 KG.) 14,36€ (2389Ptas)                                                 O PREZO ENTRO EN VIGOR Ás 0 HORAS DO DIA 1 DE XANEIRO DE 2013. APLÍCASE O IMPOSTO DE HIDROCARBUROS (IH) 0,165 EUROS.
BOMBONA INDUSTRIAL PROPANO (35 KG) 68,50€ (11397Ptas)                                                  O PREZO ENTRO EN VIGOR Ás 0 HORAS DO DIA 5 DE XANEIRO DE 2013. APLÍCASE O IMPOSTO DE HIDROCARBUROS (IEH) 0,525 EUROS.
Fonte Butano.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.