Precisamente, a primeira en chegar ata a o Museo foi unha xubilada de Marín (Pontevedra) que, segundo explicou aos xornalistas que esperaban ás portas do edificio, escoitou "pola radio" que Rajoy estaba neste acto e decidiu acudir para demandar unha solución posto que, indicou, o diñeiro do seu defunto fillo está "atrapado no banco" en forma de participacións preferentes.
Trala entrada de Mariano Rajoy no recinto, no que se presentou puntual e onde foi recibido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno, Samuel Juárez; e o presidente da diputación de Pontevedra, Rafael Louzán; entre outras autoridades, chegou unha decena de sindicalistas da CIG.
| Rajoy nunha visita as obras do Museo |
Os sindicalistas, que pretendían esperar ao presidente na rúa pola que estaba previsto que abandonase o edificio, foron desviados por axentes da Policía Nacional ata unha rúa próxima, desde onde protestaron contra as políticas do PP, co que, proclamaron, "os pobres son máis pobres e os ricos, máis ricos".
Posteriormente incorporouse outra decena de sindicalistas, esta vez de CC.OO., que se sumaron á protesta coreando lemas como "A reforma laboral para Rajoy e Cospedal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.