Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2013

CORINA REBAIXA SOLDOS PERO O DE ELA NON.







E normal que Corina Porro manteña intacto o seu salario como presidenta do Consello Económico e Social, 4.462 euros superior ao do presidente da Xunta, mentres rebaixa un 5,85 por cento o salario dos seus traballadores e reduce as partidas a sindicatos e organizacións sociais en 27.000 euros?

Pensamos que moi normal non é.



Así o dixo González Santín na comparecencia da presidenta deste órgano na Comisión de Orzamentos do Parlamento, na que sinalou que o seu salario, que ascende a 71.000 euros anuais, xunto ao do secretario xeral do ente, supoñen o 17 por cento do orzamento total do órgano, que ascende a 700.000 euros, un 3,7 por cento menos que no exercicio 2012 mentres os salarios destes altos cargos mantéñense intactos coma no ano anterior.


Salientou que a rebaixa de orzamento do CES, é soportada polos traballadores do ente, o persoal laboral, que ve cómo percibirá un 5,85 por cento menos que no ano pasado.

Polo tanto cabe esixirlle a Porro que manteña o ente como “órgano consultivo independente” que cualificou de necesario para o “debate e participación social” sobre as leis da Xunta. Advertiu do “medo” diante dos informes “incómodos” que ten que asinar o ente sobre as leis do Goberno galego, como foi o caso da Lei de Familia, que cualificou de “regresiva”, ou da Lei de Montes.

Advertiu que “si o CES perdera a súa autonomía e imparcialidade sería considerada unha institución mais a cuestionar”, e preguntoulle a súa opinión sobre a proposta do PP de fusionar a entidade co Consello Galego de Relacións Laborais”. Amosou así as súas “dúbidas” e “preocupación” sobre a intención real do PP, que quere fusionar os órganos coa escusa do aforro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.