Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
3 de enero de 2013
BENITO GONZALEZ RECIBE O APOIO DAS CONFRARIAS DA PROVINCIA
A Federación Provincial de Cofradías de Pontevedra considera que o patrón maior de Cambados, Benito González, "está sufrindo acoso e persecución" por parte da Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar) e móstralle "todo o apoio posible".
A xunta xeral da Federación Provincial de Cofradías emitiu un comunicado insistindo no seu respaldo ao tamén presidente da Federación Galega. Anuncian que apoiarán "de forma incondicional e contundente, si fose necesario, a Benito, e non só por ser o presidente a nivel galego, senón porque se trata dun patrón maior exemplar, que defendeu sempre como ninguén ao sector pesquero e marisquero da cofradía de Cambados, por encima de calquera interese persoal, económico ou político".
O presidente da Federación Provincial, José Antonio Gómez Castro, denuncia que Agamar "está denunciando continuamente" a Benito González por "supostos cobros irregulares" e que non se sabe ben cal é a intención nin o obxectivo de Agamar, a parte de intentar desestabilizar o bo funcionamento das cofradías, sobre todo o daquelas onde o titular de patrón maior non é da súa cordo".
Gómez Castro lanza unha mensaxe á asociación de mariscadoras: "que se dedique a traballar polo sector pesquero, que vele polos intereses dos mariscadores que representa e que deixe de perseguir ás cofradías de pescadores co único obxectivo de alcanzar un pouco de protagonismo nos medios de comunicación".
2 comentarios:
¿ que cofradias ? A DE VILANOVA .unha muller que non baixa a seca fay 10 anos e vive do ¿ ?. A DE PORTONOVO outro que non anda o mar e vive da hosteleria e das dietas da federacion , a de pontevedra outra señora que vive da cofradia ,e asi erre que erre . HA MAYORIA FAY UNS CUANTOS ANOS QUE SE ÑE ACABOU O MANDATO ,pero a señora conselleira non convoca elecions por medo a perder a seus carneiros , alguen olleu falar os que din ser PM das cofradias ,cando o helicoptero de salvamento ,chegou tarde a rescatar a percebeira que agonizaba diante dos seus compañeiros . abriron a puta boca para denunciar a eleminacion e posterior privatizacion do seguro que tiña a xente do mar , e fay que a familia de esa percebeira se quedara sin axuda ningunha , PANDILLA DE HIPOCRITAS ,O QUE TIÑAN E QUE IR O MAR E NON VIVIR DO CONTO ,SOIO VALEN PARA PRESIDIR PROCESIONS E CALDEIRADAS
Tes moitísima razón amigo.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.