Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2013

AS RATAS INVADEN CAMBADOS







Os Socialistas de Cambados denuncian a presenza de maleza, lixo e ratas en varias fincas abandonadas que causan perxuizos aos veciños.
Fátima Abal sinala que “este asunto xa foi denunciado tamén polos veciños sen que dende o Concello se tomara medida alguna”.
Fátima Abal

Os socialistas de Cambados denuncian o doble abandono dunhas fincas céntricas que causan graves trastornos aos que viven nas súas inmediacións. Un abandono do que teñen a responsabilidade os donos das terras, que non se ocupan do seu mantemento e coidado. Pero tamén por parte do Concello- sinalou Fátima Abal a Portavoz Socialista- ó non tomar parte nin procurar ou esixir as medidas necesarias para a limpeza da finca, situada na Rúa Celso Emilio Ferreiro, que leva deshabitada moitos anos. Trátase dunha finca grande, chea de maleza e lixo, que se convertíu nun criadeiro de ratas. Os veciños viven a diario con este malestar desde hai moito tempo e son testemuñas directas de esta desagradable circunstancia, xa q mesmo diante desta finca están situados uns contenedores da basura ós que estes roedores acuden tódolos días.
Rata dentro dun portal dun edificio

Non se trata de un feito aillado, insistíu Abal Roma, senón que ocorre algo moi parecido cunha obra que está a medio rematar dende fai anos entre as Rúas Meis e Meaño, detrás da gasoliñeira. A obra está sen pechar e tamén aquí, estos roedores son atraídos polos contenedores da basura que están ó lado da obra e volven a ser os veciños os q sofren as consecuencias de ver a súa rúa con ratas a calquera hora do día.
Os Socialistas esíxenlle  ao Concello que tome as medidas adecuadas, insistíu a Portavoz Socialista, ben obrigando aos propietarios das fincas ou ben asumindo uns traballos que despois deberán facturarlle aos donos das parcelas, para resolver esta grave circunstancia antes de que poida derivar nun problema sanitario por culpa da falla de hixiene e control destos animais



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.