| A Lanzada |
Que todos poidan gozar das praias en condicións óptimas e velar pola súa utilización racional. É o dobre obxectivo da ordenanza reguladora do uso das praias que prepara o goberno local de O Grove.
Unha normativa que, incluso antes de aprobarse, está causando unha gran
polémica no municipio. E é que se pretende regular todo tipo de
comportamentos dos bañistas e usuarios destes arenais.
Segundo o goberno municipal, esta ordenanza que se prevé aprobar no próximo pleno da corporación, pretende deixar claro os dereitos e obrigacións dos cidadáns.
A intención desta nova normativa, que entraría en vigor xa de cara á
próxima Semana Santa, é protexer o medio natural, un dos principais
activos turísticos do municipio, e que se respecte e coordine a
actividade de bañistas, deportistas e demais usuarios.
En liñas xerais, o Concello de O Grove declara as súas praias "libres, públicas e gratuitas".
O paseo, a estancia e o baño pacífico na praia e o mar terán
preferencia sobre calquera outro uso. Por iso, entre outras medidas,
todo tipo de xogos e actividades deportivas poderanse realizar sempre
que non causen molestias a outros e non se permitirá o emprego de
aparellos sonoros ou instrumentos musicais cuxo volume poida molestar ás
demais persoas.
Ademais, quedará totalmente prohibido realizar lumes, directamente
sobre a area, pedras ou rochas, salvo en eventos autorizados, impídese o
uso de bombonas de gas e o emprego de líquidos inflamables, os
verquidos ao mar de calquera natureza desde embarcacións, motos
acuáticas ou artefactos flotantes e tampouco se permitirá cociñar na
praia nin utilizar bengalas ou material pirotécnico que non sexa o de
emerxencia.
Tampouco estará permitido, salvo que o Concello habilite unha
praia para iso, que os animais de compañía poidan entrar nos arenales en
horario de baño. E estará terminantemente prohibido o
estacionamento e circulación de vehículos en praias e zonas de dunas,
así como a instalación de tendas de campaña e navegar, en todo caso, a
menos de 200 metros da costa.
Pero son varios os aspectos que espertaron a polémica. Por unha banda, dentro das normas básicas de uso, declárase a guerra ao nudismo.
Estará prohibido naquelas praias que teñan a consideración de arenais
urbanos e en todas aquelas que non estean debidamente habilitadas e
sinalizadas para ese uso. Incumplir esta norma ten un custo. Será
considerada unha falta leve e conlevará unha multa que pode oscilar
entre os 60 e 300 euros.
É a mesma sanción que se quere impoñer a aqueles que non respecten outra das prohibicións. Dentro
das denominadas normas higiénico-sanitarias establécese que non está
permitida a evacuación fisiológica no mar ou na praia, advertíndose de que o Concello poderá dotar ás praias de aseos fixos ou temporais para unhas boas condicións hixiénicas.
Neste sentido, queda tamén prohibido calquera acto que ensucie as praias.
Prohíbese tirar nelas ou nos seus inmediaciones calquera tipo residuo,
incluso os orgánicos, e quedará prohibido lavarse no auga do mar
utilizando xabón, champú, xel ou produtos similares. Tampouco se poderán
utilizar as duchas e demais mobiliario urbano para un uso non habitual,
sancionando a quen xoguen, pinten ou se laven con produtos de hixiene
persoal.
Son as principais normas que recolle esta nova ordenanza municipal. Aínda que tamén determina unha serie de obrigacións para o Concello de O Grove.
Principalmente, refírese á progresiva incorporación de socorristas en
praias que non sexan Bandeira Azul, a correcta señalización dos arenais e
os seus servizos públicos, ou ao dereito dos usuarios de estar
permanentemente informados do estado de calidade das augas.
E a pregunta é, quen vixiará que se cumpra esta ordenanza?
En principio, os axentes da Policía Local verán ampliadas as súas
funcións. Pero haberá máis responsables. Naquelas praias nas que exista
servizo de vixilancia, o persoal e o voluntariado de Protección Civil e
Urxencias colaborará e apoiará ás autoridades para dar cumprimento ao
establecido na nova normativa.
En base a esta ordenanza reguladora do uso das praias, as infracciones
leves carrexarán multa de 60 a 300 euros, as graves, de 301 a 1.500
euros, e as consideradas moi graves poden supoñer unha sanción de entre
1.501 e 3.000 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.