Os Socialistas de Cambados denuncian a presenza de maleza, lixo e ratas en varias fincas abandonadas que causan perxuizos aos veciños.
Fátima
Abal sinala que “este asunto xa foi denunciado tamén
polos veciños sen que dende o Concello se tomara medida alguna”.
![]() |
| Fátima Abal |
Os
socialistas de Cambados denuncian o doble abandono dunhas fincas
céntricas que causan graves trastornos aos que viven nas súas
inmediacións. Un abandono do que teñen a responsabilidade os donos
das terras, que non se ocupan do seu mantemento e coidado. Pero
tamén por parte do Concello- sinalou Fátima Abal a Portavoz
Socialista- ó non tomar parte nin procurar ou
esixir as medidas necesarias para a limpeza da finca, situada na Rúa
Celso Emilio Ferreiro, que leva deshabitada moitos anos. Trátase
dunha finca grande, chea de maleza e lixo, que se convertíu nun
criadeiro de ratas. Os veciños viven a diario con este malestar
desde hai moito tempo e son testemuñas directas de esta desagradable
circunstancia, xa q mesmo diante desta finca están situados uns
contenedores da basura ós que estes roedores acuden tódolos días.
| Rata dentro dun portal dun edificio |
Non
se trata de un feito aillado, insistíu Abal Roma, senón
que ocorre algo moi parecido cunha obra que está a medio rematar
dende fai anos entre as Rúas Meis e Meaño, detrás da
gasoliñeira. A obra está sen pechar e tamén aquí,
estos roedores son atraídos polos contenedores da basura que están
ó lado da obra e volven a ser os veciños os q sofren as
consecuencias de ver a súa rúa con ratas a calquera hora do día.
Os
Socialistas esíxenlle ao Concello que tome as medidas adecuadas,
insistíu a Portavoz Socialista, ben obrigando aos
propietarios das fincas ou ben asumindo uns traballos que despois
deberán facturarlle aos donos das parcelas, para resolver esta grave
circunstancia antes de que poida derivar nun problema sanitario por
culpa da falla de hixiene e control destos animais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.