Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de enero de 2013

A CAMBADESA TRIVI E INDITEX COLABORAN PARA SALVAR VIDAS







As cofradías de Cambados, Portonovo e Sanxenxo acollerán esta semana, en concreto o sábado 19 de xaneiro, a presentación do sistema de seguridade S2S. As reunións serán ás 12 horas no pósito cambadés e ás 18 en Portonovo.

Recientemente esta iniciativa xa se realizou noutras zonas de Arousa, como é Rianxo e Riveira, onde xa adquiriron 60 unidades deste produto galego patrocinado por Inditex. Hai que recordar que a empresa cambadesa Trivi é a que confecciona os traxes dotados con este sistema.

O obxectivo desta iniciativa é que toda a flota galega faga huso deste sistema co que se incrementará a seguridade nas embarcacións. Os socios das cofradías poden beneficiarse de que o 60% do custo está subvencionado pola Xunta de Galicia e que un 20% apórtao Inditex.

 Ademais, os que acudan a estas presentacións coñecerán outras medidas de carácter financeiro, promocional e compensatorio coa intención de que ninguén se quede sen esta medida de seguridade por razóns económicas. En definitiva, a intención é que desta forma aumente a seguridade, sen excepcións, da flota de baixura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.