Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de diciembre de 2012

PROTESTAS DOS TRABALLADORES DE NGB





O plan de reestructuración do persoal anunciado por Novagalicia Banco e que prevé reducir 2.500 postos de traballo sacará este luns aos seus traballadores á rúa. No caso de Pontevedra, a convocatoria trasladouse á cidade de Vigo.

A protesta está convocada polos sindicatos e empregados e transcorrerá entre as 13.00 e as 14.00 horas ás portas das oficinas centrais da entidade bancaria en Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo.


Segundo os convocantes, con esta protesta manifestarase o seu rexeitamento frontal á reestructuración suscitada, que inclúe o que sería o cuarto Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na entidade agora nacionalizada.


As negociacións e o período de consultas do ERE suscitado por Novagalicia Banco levarán aparejado un calendario de movilizaciones. O próximo 12 de xaneiro teñen prevista unha gran manifestación central de todo o persoal en Santiago de Compostela e non se descarta a convocatoria dunha folga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.