Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de diciembre de 2012

ACTO REINVINDICATIVO A PROL DAS SELECCIONS GALEGAS





Pontevedra será a sede este sábado dunha xornada convocada, por cuarto ano consecutivo, polo colectivo Siareiros Galegos co obxectivo de reivindicar a oficialidade das seleccións galegas nas diferentes modalidades deportivas.

Un completo cartel de actividades protagonizarán o día dende as 13:30 horas da tarde ata ben entrada a noite, tendo como prato forte un partido de fútbol entre Galicia e unha selección de xogadores do Kurdistán. Será ás 21.00 horas no campo da Xunqueira I, no que se enfrontarán un combinado de futbolistas de equipos de ligas europeas de orixe kurdistaní contra un equipo formado por xogadores e xogadoras galegos.
Fútbol gaélico, xogos populares, concertos e unha manifestación dende A Ferrería completan o cartel de actos.
O pior de todo isto é que hai xente a que non nos gustan o galego lusista empregado no cartel anunciador. Somos galegos non lusos. Cecáis este sexa motivo do desprezo que algúns galegos sinten contra este tipo de reivindicación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.