Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2012

AGARDASE UNHA ESCASA PRODUCCION DE TINTO






Nun ano tan atípico coma foi este no marco da Denominación de Orixe Rías Baixas, motivado na súa maior parte pola climatoloxía, os tintos tampouco fuxiron deste excepcionalidade. De feito, polo xeral, son variedades máis delicadas, coma o caíño. Aquí os corrementos que se produciron na floración provocaron que a produción que se agarda sexa moito menor que a do ano pasado.



Pero aínda que estamos a falar dunha variedade máis delicada que a albariña, no que respecto á infección de pragas e enfermidades este ano foi bastante menor. O forte ataque de mildeu do pasado mes de xuño afectoulles pero non tanto coma o que se temían.

Mostra de que o caíño é unha variedade máis forte, é que desde a Adega Forxas do Salnés empregan só a metade dos tratamentos dos que aplican ó albariño. O que si padecen máis é a última fase do proceso.

Outra peculiaridade das variedades tintas é a necesidade de limitala produción, ventilar moi ben os acios e ter moi ben controladas as parcelas. Así mesmo, a graduación tamén marca unha diferenza con respecto ós brancos. As dificultades que atopa o caíño para acadar o grao idóneo fai que a vendima se inicie cada ano un mes despois de comezar a recolectar o albariño.


Con todo, aínda que o caíño sobrelevou mellor esta campaña, Rodrigo Méndez lamentou que, segundo os seus cálculos, a produción global desta variedade vai ser inferior á que se agarda no albariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.