Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2013

ACLARACIÓNS A UN ARTIGO DA VOZ DE GALICIA




Que bonito cando se inaugurou


O xornal “A Voz de Galicia” edición Arousa publicaba onte un artigo firmado por Bea Costa sobre o estado de deterioro do Parque de Torrado. Quero dende aquí facer varias puntualizacións.

 No primeiro párrafo fai alusión a que as desfeitas son provocadas por vándalos e a últimas horas da tarde. Non lle falta parte de razón, pero a maioria das desfeitas son obra de rapaces de menos de 10 ou 11 anos que campan polo parque sen a vixiancia dos seus pais ou titores, moitas veces presentes no parque e que non fan nada por impedilo. En varias ocasións dende este blog témolo denunciado. Polo tanto na maioría dos casos nin é a última hora, como dí Bea Costa, nin a aliada dos vándalos é a escuridade.
Do que a xornalista cambadesa se esquece e falar da pouca presenza da policía local no parque. Non vou pedir un policía as 24 horas do día, pero que pasen de vez en cando non estaría mal.


POR SORTE XA ESTÁ ARRANXADO
Describe o Parque como un lugar para uso e disfrute dos cidadáns con zona arbolada, cancha deportiva, zona con aparellos de ximnasia para os maiores e xogos infantís. Tamén podemos correxir i engadir algo máis. Correxir o da cancha deportiva pois o único que hai e unha parte de pedra que moitos rapaces usan como campo de fútbol sen porteirías ou para voleibol sen rede ou pista de patinaxe ou circuito para teledirixidos. Carece de elementos deportivos para que non estorben para facer alí o Xantar do Albariño. Da limpeza e o mantemento non di nada, pero sobre eso e moito máis xa falamos en varios artigos. Ao igual que dos cans que andan por alí e fan as suas cousas grazas a que os seus donos “pasan de todo”. Por certo que os donos non son rapaciños precisamente.
Despilfarro de auga

A arboreda e os xardíns están en mal estado, sen regar o suficiente e non é por aforrar auga pois menos nos xardíns, os operarios municipais botan auga por todos lados dia si e dia tamén.

O Parque cerra polas noites pero eso no é problema para os vándalos pois poden acceder fácilmente aínda que a Bea Costa lle pareza difícil.
Tamén di que o Concello recolocou a estatua de Fraga nunha zona pouco accesible. Gran erro, o valado pechado “baixo chave” non vai ser quen bote para atrás a nadie pois si cabe está, a estatua, máis protexida para os vándalos que a vista dos paseantes ou a vixiancia que poidera haber.

O artigo está ben, pero debería visitar o parque con máis frecuencia e preguntar a quen pasa alí unhas horas ao dia cos seus fillos ou netos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.