| O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente
da Xunta “que nos explique a tódolos galegos e galegas para qué nos
endebedamos”. Así o dixo logo de constatar hoxe o incremento da débeda
ata o 12,8 por cento do PIB logo de tres anos de recortes xeneralizados,
co que “a única conclusión é que cada vez temos peores servizos
públicos e debemos mais diñeiro”. | |
|
|
|
|
Dixo que os datos coñecidos hoxe “demostran unha incapacidade de xestión
notable” por parte da Xunta e do seu presidente. Sinalou que o
presidente da Xunta ten “unha explicación pendente” sobre o obxectivo do
incremento da débeda “salvo que sexa para o cumprimento da ortodoxia do
déficit cero a calquera custe”.
Losada sinalou que a consecuencia desta política é que “os galegos temos
hoxe uns moito peores servizos públicos e debemos mais diñeiro que
cando Feijóo chegou á Xunta” logo de tres anos e medio dunha política
que “para o único que lle serve é para ir aos almorzos informativos de
Madrid a poñerse a medalla do déficit cero”.
Débeda disparada
O responsable socialista apuntou que, segundo os datos do primeiro
trimestre de 2012, feitos públicos hoxe polo Banco de España, a débeda
pública de Galicia ascende a 7.381 millóns de euros, que aumentaría
noutros 231 coa débeda das empresas públicas. Estes datos supoñen un
incremento do 88,15 por cento con respecto ao primeiro trimestre de
2009, nun total de 3.458 millóns de euros.
Advertiu que a débeda representa o 12,8 por cento do PIB, a sexta maior
do Estado, fronte ao 6,9 por cento que representaba no primeiro
trimestre de 2009, cando Feijóo chegou á Xunta. O balance é que en tres
anos e medio Feijóo multiplicou por 6,5 o incremento da débeda do
goberno socialista, crecendo 3.458 millóns fronte aos 526 que aumentou
entre 2005 e 2009.
Ademais, no último ano o aumento da débeda pública en Galicia foi dun
19,51 por cento, preto de catro puntos superior á suba para o conxunto
das comunidades autónomas, dun 15,74 por cento, co que en doce meses a
Xunta endebedou a cada galego en 434 euros mais que o resto do Estado. |
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.