Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2012

OS ESPAÑOIS PERDOAN AO REI




Os datos non son moi esclarecedores posto que a diferenza entre unha e outra sondaxe dan lugar a dúbidas razoables. A pesar delo expoñemos eiquí os resultados para que vos mesmos fagades unha valoración dos resultados.
Non imos s dubidar das empresas demoscópicas pero despois da que se montou non se agardaban estes resultados tan favorabeis a Coroa de España.

A maioría de españois perdoa ao rei pola viaxe a Botsuana e referenda a monarquía ao considerar que a coroa é unha institución fundamental, segundo coinciden dúas enquisas publicadas hoxe polos diarios El Mundo e La Razón.
O 70 por cento dos españois perdoa ao monarca e un 73 por cento segue facendo, a pesar do ocorrido, unha valoración "boa ou moi boa" do seu reinado, segundo a enquisa realizada por Sigma Dos para  El Mundo .
No entanto, un 52 por cento ve danada a imaxe da coroa e unha porcentaxe similar opina que as viaxes do monarca ao estranxeiro deberán ser autorizados polo Goberno.
O 62 por cento do cómputo xeral tamén pensa que o rei non debe aceptar agasallos en especie e estima que o monarca non debe estar comprometido con ninguén que, invitándoo a actividades custosas, poida logo exercer influencia nas xestións da monarquía.
A enquisa de El Mundo tamén revela que os mozos son os máis críticos tanto coa viaxe como coa valoración da monarquía e un 67 por cento afirma que o dano á imaxe da institución se mantén a pesar de todo.
Segundo a enquisa de NC Report para  La Razón , un 50,2 por cento dos españois considera que a monarquía é unha institución fundamental e un 71 por cento estima que o príncipe Felipe está preparado para substituír ao rei, aínda que un 52 por cento rexeita a hipótese da abdicación.
A sondaxe tamén pon de manifesto que a viaxe de caza é considerada un erro por un 59 por cento aínda que os españois aceptan as desculpas e valoran o xesto do monarca.
Nesta mesma liña, o 81 por cento afirma que os políticos deben seguir o exemplo do rei e pedir perdón cando se equivocan e, de feito, un 52 por cento di valorar máis á monarquía que á clase política.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.