Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2012

GRAZAS POLO VOSO APOIO




Fai uns dias fixemos a nosa publicación número 100 con motivo dese feito queremos agradecervos queridos amigos a vosa fidelidade. Grazas por estar ahí, por ler as nosas publicacións, grazas por difundilas. En definitiva GRAZAS.



Cando comenzamos co blog non pensamos en chegar a ter tantas visitas como temos. Xa rondan as 3500 visitas o que para nos é todo un orgullo. Son unha media de trinta visitas por artigo, algo co que non contaba cando xurdiu a idea de crear Cambados Xusto. Algunhas chegaron as cen visitas e outras nin siquera as dez pero ningunha pasou desapercibida por vos. Sabemos que hai temas que interesan máis e outros que non suscitan o mesmo interese pero para iso é algo co que contábamos dende o principio.

Hai artigos dos que nos sentimos máis orgullosos pois refírense máis a o pensar de que escribe e ademáis tiveron gran acollida. O exemplo máis claro e o artigo no que falábamos de que o noso alcalde non representaba a tódolos cambadeses, cousa que supoñíamos pero que o sr. Aragunde tivo a ben confirmar. A ALCALDIA DE CAMBADOS NON REPRESENTA A TODOLOS CAMBADESES  ese era o título de dito artigo.


Outro artigo do que nos sentimos moi orgullosos é a entrevista a Tino Cordal nº un en seguemento. Tamén hai artigos cos que nos levamos un pequeno disgusto pero eses son os menos, sempre hai xente que non lle gusta que as verdades salgan á  luz pero tivo unha enorme repercusión na rede.

Todo foron feitos coa ilusión de que vos gustaran e iso creo que é o principal deste "traballo".

Nuns dias entraremos no mes das letras galegas e temos preparados un especial para estas datas tan especiais para os que nos sentimos orgullosos da nosa cultura e a nosa lingua.
Como moitos pensades o mes das nosas letras deberían ser os doce do ano, de xaneiro a decembro pero cada dia que pasa o galego está máis perseguido. E somos nos os que debemos protexelo para que non volvan os dias escuros que tanto mal lle fixeron ao noso idioma.

Agora somentes queda seguir traballando e seguir publicando o que nos vemos que poida interesarvos.                              


          
        

         GRAZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.