Exposición audiovisual sobre ou autor ao que se lle adica ou Día dás Letras
O
Instituto Cotarelo Valledor en Vilagarcía foi o escollido para
inaugurar unha mostra itinerante que nas vindeiras semanas percorrerá
distintos centros de toda Galicia. Esta exposición pretende achegar ós
mozos a figura de Valentín Paz Andrade, escritor ó que se lle dedica
este ano o Día das Letras Galegas.
O
secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de
Política Lingüística, Valentín García, foron os encargados de inaugurar
aquí, neste instituto, esta mostra, formada por cinco paneis con textos
audiovisuais sobre a vida e a obra de Paz Andrade.
Na importancia de dar a coñecer unha figura tan destacada como esta entre as xeracións máis novas, incidiu tamén Anxo Lorenzo.
Escritor,
xornalista, empresario, avogado, e, en definitiva, en palabras do
secretario de Política Lingüística, un dinamizador cultural do seu
tempo. Dende o punto de vista do seu departamento, destacou tamén a
faceta lingüística de Paz Andrade.
Por
outra banda, outro elemento a ter en conta nesta mostra é o soporte
empregado. Unha exposición audiovisual que pretende servirse tamén das
novas tecnoloxías para achegar a historia á nosa época.
| Paz Andrade en Africa |
Ademais
da mostra, que percorrerá distintos centros ata final de curso, a
consellería facilitará tamén unidades didácticas para achegar a figura
deste persoeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.