Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2012

COMO SELECCIONA A DEPUTACION E O INEM



A Deputación contrata a mil parados e envíaos aos 62 concellos da provincia





Mil desempregados da provincia teñen un bo motivo para ver o seu futuro laboral con máis optimismo: traballarán durante seis meses para os 62 concellos da provincia. Realizarán labores de limpeza e mellora de espazos ambientais, ocuparanse da recuperación e da adecuación de praias e areais e encargaranse de realizar pequenas reformas en centros escolares e sanitarios.

 O Plan Provincial de Emprego 2012, impulsado pola institución provincial, xa está en marcha. Na tarde de onte parte dos mil parados que se beneficiarán desta iniciativa de inclusión laboral asinaron os contratos de traballo que lles permitirán saír das listas do INEM durante medio ano e obter os ingresos que botaban en falta as súas familias.

O malo  desta nova é que hai moita xente que repite, e que leva menos tempo no paro que outras. 

Para poder entrar nesta lista tes que estar anotado no INEM nalgún dos traballos que a Deputación require, despois tes que ser "amigo", pois non se explica que xente que estuvo no anterior Plan tamén estea neste. Esta persoa a que me refiro tivo a desfachatez de decir nos micrófonos de Radio Pontevedra que levaba un ano no paro. MENTIRA. Pero como dixen antes isto...... é o que hai.
Noraboa os afortunados e a os que non lle tocou que sigan agardando por outro traballo que estes non son para eles. Pronto empezarán a verse por Cambados a os contratados e despois iredes atando cabos ou máis ben atando parentescos e filiacións varias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.