Es ta tempada o Xuven non tivera problemas nese aspecto
Están a chegar as lesións ó
Establecimientos Otero que cada vez sufre máis contratempos neste
aspecto. Os problemas no nocello de Jesús Díaz del Río continúan tras
sufrir unha recaída a semana pasada ante o Rosalía. É baixa segura para o
sábado, ó igual que Manu Fernández que rompeuse dúas costelas no
adestramento do martes e terá que estar un mes de baixa.
Sen escolta, sen aleiro e co base titular
tamén tocado, xa que unha fascitis plantar está a mermar o estado
físico de Taylor García. O outro cubano, Juan Mato, tamén arrastra
molestias no muslo dereito.
O obxectivo polo tanto é recuperar a toda
esta xente para que chegue en perfectas condicións ó playoff, toda vez
que a directiva decidiu non reforzar ó equipo. Iso si, os cambadeses
queren ser primerios de grupo e iso pasa entre outras cousas por gañar ó
Narón, terceiro pola cola na xeral.
Yago Casal avisa de tratar con respeto a
un rival que suma catro victorias nos últimos cinco encontros, unha
delas moi meritoria, na pista do segundo clasificado, o Recinor Ferrol.
O maior perigo do Narón é o seu pivot
Marcos Sanesteban, MVP da Liga con 18 puntos e case 13 rebotes por
partido, de longo o mellor valorado da competición, con 27,5 puntos por
encontro, 10 máis que o segundo neste apartado. Xunto a el Rubén Pino e
Pablo Martínez, son o sustento do equipo. O resto, baixan moito o nivel.
O Narón ten a peor porcentaxe en
lanzamentos de tres puntos da competición cun 26% de acerto, son o
segundo equipo que máis balóns perde e o que menos rouba. Das cousas
positivas, o seu poder reboteador, o mellor da liga só superado polo do
Estudiantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.