MOVILIZACIONS CONTRA A REFORMA LABORAL NA COMARCA
Os sindicatos están a intensificar neste mes de marzo as súas protestas contra as reformas no eido laboral dispostas polos executivos central e autonómico.
En Vilagarcía, a semana pasadaa CIG celebrou unha
asemblea de delegados que rematou cunha manifestación polas rúas da
cidade deste ó Auditorio ata ás oficinas do INEM. Con esta nova
mobilización o sindicato nacionalista expresa o seu rexeitamento ás
novas medidas que, segundo eles, van a supoñer a implantación do despido
libre e gratuíto, a xeralización do ERE express, e ás reduccións da
xornada e do salario.
A
Confederación Intersindical tamén apurará estes días para visitar ós
centros de traballo na comarca e convocando asembleas abertas en tódolos
Concellos, co fin de sumar apoios de cara á vindeira folga xeral
convocada para o próximo xoves 29 deste mes. Antes diso, o sábado día 10
argallaron outra manifestación coincidindo co día da clase obreira
galega, o vindeiro sábado día 10, a partires da mediodía e con saída na
Casa do Mar vilagarciana.
A semana pasada tamén asistimos as protestas dos traballadores públicos que saíron á rúa en Pontevedra para
protestar contra as medidas temporais de reforma do traballo público
aprobadas esta semana no Parlamento galego. Esta concentración ás portas
da Audiencia Provincial de Pontevedra podería ser a primeira dunha
serie, que aínda está por determinar. No que si coinciden o groso dos
case cen traballadores é que agora son os interinos e o persoal laboral
os máis afectados pero en breve poderá ser calquera deles.
O vindeiro mércores dia 7 de marzo a partires das 20.30 horas terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados unha Asemblea aberta a cargo de membros da CIG entre os que se atopa o destacado líder sindicalista “Tupi” Bouzas para informar sobre o alcance das devanditas reformas.
O vindeiro mércores dia 7 de marzo a partires das 20.30 horas terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados unha Asemblea aberta a cargo de membros da CIG entre os que se atopa o destacado líder sindicalista “Tupi” Bouzas para informar sobre o alcance das devanditas reformas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.