Xa está aberto o prazo para anotarse nos CAMPAMENTOS DE VERÁN que organiza a Deputación. En Cambados pódense anotar os rapaces que o desexen no Centro Sociocultural da MERCED.
Desde a Deputación avanzan que se concederá preferencia ós nenos que non participaron outros anos e a matrícula manterase en 68 euros.
Desde a Deputación avanzan que se concederá preferencia ós nenos que non participaron outros anos e a matrícula manterase en 68 euros.
A
Deputación de Pontevedra traballa xa na organización dos campamentos de
verán que cada ano traen á Lanzada a milleiros de cativos de toda a
provincia. Nesta ocasión ofértanse preto de tres mil prazas, aínda que o
ente provincial intenta ampliar esta cifra ante a gran demanda que
sempre teñen os campamentos. A novidade este ano está na adxudicación
das prazas: será por sorteo electrónico e ante notario.
Os
campamentos están dirixidos a nenos que naceran entre os anos 1999 e
2004, ambos incluídos. Desenvolveranse entre o 24 de xuño e o 8 de
setembro en once quendas de sete días. Durante a súa estancia na Lanzada
os cativos poderán participar en actividades como vela, sendeirismo ou
facer excursións á Illa de Ons. O prezo do campamento por neno é de 68
euros.
O
presidente provincial, Rafael Louzán, apuntou que desde a
administración están a traballar tamén na posibilidade de organizar,
incluso este mesmo verán, outros campamentos na Cidade Infantil Príncipe
Felipe, en Pontevedra, ó contar este lugar coas instalacións axeitadas.
Louzán aproveitou para lembrar que, unha vez estea concluída a Pousada
da Lanzada, as persoas con mobilidade reducida tamén poderán gozar deste
entorno ó igual que os cativos que participan nos campamentos, ó contar
con dependencias adaptadas a estes colectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.