Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2012

ABARATAR CUSTES PARA QUEN?

                                         XUNTANZA DE ALCALDES COA DEPUTACION                                        
                                                                                                                             Deputación de Pontevedra, Concellos e Xunta iniciaron esta mañá o camiño para conseguir unha xestión conxunta de residuos.

O sesenta por cento dos municipios desta provincia xestiona de xeito directo este servizo, e o que se pretende é mancomunalo ó igual que xa se fixo coa recadación de tributos ou co subministro eléctrico.
Para falar disto, no Pazo Provincial reuníronse o alcaldes e deputados provinciais, amais do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. A Xunta, ó igual que a Deputación, avoga pola xestión e uso compartido deste tipo de servizos, xa que entende que axuda a reducir custes e beneficia ó cidadán.
Na xuntanza tamén se propuxo a xestión conxunta doutros servizos como a recollida de animais ou a equiparación das taxas de auga. 
«A xestión compartida é sempre máis eficaz». Estas foron as verbas do conselleiro a saida da xuntanza. Con esta medida preténdese aforrar un 30% no custo do servicio.

Os Concellos de Vigo e Pontevedra quedaron fora pois ríxense pola Ley de Grandes Cidades.
Co apoio de 47 dos 62 concellos presúmese que o proxecto avanzará. 

Tamén saleu a relucir que aínda que se aforrarán cartos por parte dos concellos o servizo ten que actualizar as suas tarifas. Polo tanto será máis barato para os concellos pero non para o peto dos usuarios.
 De tódolos xeitos poucos son os concellos que teñen o servizo a través de empresas polo que hai que agardar a cando rematen os contratos ou rescindilos de forma unilateral o que conlevaría uns gastos por indemnizacións pouco asumibles nestres intres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.