XORNADA PARA DISFRUTAR
Partido a priori sinxelo este sábado para
o Xuven que tras perder en Marín, quere recuperar o seu mellor xogo e
asegurar a primeira praza do grupo, unha vez a fase de ascenso está
conseguida.
O rival desta xornada é o Rosalía, o
último clasificado. Un equipo que mantén o bloque xoven que o ano pasado
actuou nesta mesma liga e que foise sen gañar nin un partido. Canda
menos esta temporada levan dúas victorias en 14 encontros. A primeira
foi antes do Nadal ante o Univesidade de Oviedo e a seguinte á volta das
vacacións, fronte ó Narón, ambas como local.
O Rosalía ten as peores porcentaxes de
acerto en tiro do grupo. É o conxunto que máis balóns perde por partido e
o que menos puntos anota e máis recibe. Todo o contrario que o Xuven,
que é líder en practicamente tódalas estadísticas.
A victoria dos cambadeses semella que vai
ser clara, pero por enriba de todo o equipo o que busca é recuperar as
sensacións que tiña ata hai dúas semanas, antes da visita do Oviedo e da
derrota en Marín.
Aínda pendentes das últimas sesións de
traballo, todo fai indicar que Yago Casal poderá contar con tódolos seus
homes para esta cita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.