Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SPOT. FESTA DO ALBARIÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SPOT. FESTA DO ALBARIÑO. Mostrar todas las entradas

18 de febrero de 2013

O VIÑO QUE SABE A FESTA CANDIDATA A OS MESTRE MATEO







Presentación do spot
A curtametraxe O Viño que sabe a Festa pertence á serie de catro realizadas polo Concello de Cambados, e producidas polo cambadés Juan Galiñanes e Eve Martín, co obxectivo de promocionar a Festa do Albariño, unha celebración que este ano chega a súa edición número 61. O spot está previsto que se poida ver a través dos medios televisivos e das redes sociais. Para esta edición número once dos premios Mestre Mateo O Viño que sabe a Festa deberá competir con Galicia no Corazón, de Congo Producciones,Sairemos como Galegos, de Congo Producciones, e Spot Mondariz, producido por Lúa Films.
Os catro spots publicitarios da serie dedicada á Festa do Albariño foron presentados o 15 de decembro do pasado ano 2012 no auditorio municipal da Xuventude, que quedou pequeno para acoller todo o público que desexaba presenciar a estrea en directo. O realizador Juan Galiñanes actuou como mestre de cerimonias desta premier, acompañado do alcalde, Luis Aragunde, ademáis da meirande parte do equipo artístico e técnico responsable destes anuncios televisivos. Amenizou o acto o dúo Escuchando Elefantes, que protagoniza o spot agora candidato aos galardóns do audiovisual galego.


SPOT 1-http://www.youtube.com/watch?v=trObdC8ZdRg   
SPOT 2-http://www.youtube.com/watch?v=LhGSPhdkhOw