Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SOLDOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOLDOS. Mostrar todas las entradas

2 de julio de 2014

MULTAS PARA PRESIONAR A ARAGUNDE






A orixe do afán da Policía Local de Cambados por multar a "diestro e siniestro" pode vir por un enfrentamento entre o Alcalde e os membros deste corpo.
Hai cousa dunha semán a Policía Local empezaba unha campaña de control exahustivo en zonas habituais de aparcamentos, multando a quen estivera aparcado nas zonas enlousadas das rúas. Todo aquel afectado culpaba ao alcalde apoiandose no afán recaudatorio que padecen os concellos. Pois parece ser que nada máis lonxe da realidade. Todo ven dunha medida de presión segundo nos informan, para conseguir certos acordos co alcalde.
Como medida de presión parécenos ben pero a quen estan a jorobar é a xente, non ao alcalde.

Axente vai ao concello a protestar, e no consistorio están alucinado coa cantidade de multas que chegan, e non é so as multas de aparcamento, tamén os pubs pola noite a medirlles os decibelios, as medidas das terrazas, etc, etc.




17 de enero de 2013

GÁÑASE MÁIS DE DEPUTADO PROVINCIAL QUE DE MINISTRO






Os cargos electos con dedicación exclusiva na Deputación de Pontevedra cobraron no ano 2010 máis que un ministro do Goberno, que entón presidía José Luis Rodríguez Zapatero.
Concretamente a Deputación sitúase no octavo posto da listaxe de entidades locais de toda España nas que a media das retribucións é superior á dun ministro. Con todo, a institución provincial pontevedresa, atópase por debaixo se en lugar das retribucións totais se ten en conta o soldo que cobran.
Así o recolle un estudo realizado polo Tribunal de Contas no que foron analizadas 172 entidades locais no conxunto do Estado.
Os integrantes da deputación pontevedresa percibiron unha media de 39.219 euros, mentras que esta cifra no ente coruñés alcanzou os 37.851 euros. Pola súa banda, na de Lugo, a retribución media foi de 36.617 euros e na de Ourense, a máis baixa, con 20.373 euros.
Ademáis na Deputación de Pontevedra, presidida por Rafael Louzán, os gastos por retribucións básicas complementarias e outras remuneracións ao seu persoal subiron un 1,26 por cento en 2010 fronte ao 2009, cun incremento de 291.950 euros. Pola súa banda, a de A Coruña, en 2010 gobernada polo socialista Salvador Fernández Moreda, subiu un 0,06 por cento este concepto, 17.170 euros.

Segundo os datos deste órgano fiscalizador, os membros do Concello de Pontevedra cobraron unha media de 25.043 euros, moi por debaixo do Concello de Vigo, que ocupa o primeiro posto na clasificación galega con 41.561 euros; seguidos dos da Coruña, cunha media de 40.319 euros; e Santiago de Compostela, con 38.079 euros de media.En liñas xerais, o Tribunal de Contas que preside Ramón Álvarez de Miranda, e que aprobou este informe a finais de decembro de 2012, observa salarios máis altos nas deputacións que nos concellos.
Nas entidades locais da comunidade galega, o corpo de funcionarios aglutina a maior parte do gasto de persoal,cun 50 por cento de importancia, seis puntos por debaixo da media estatal, que é do 56 por ciento. Os órganos de goberno e persoal directivo lévanse o 4 por cento do gasto, e persoal laboral o 38 por cento e personal eventual un 2 por cento.