Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Praza publica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Praza publica. Mostrar todas las entradas

5 de mayo de 2012

O COCHE DE SAGRARIO FRANCO


Esta e a nova tal e como a publica  PRAZA PUBLICA  http://praza.com/

Unha luxosa berlina en tempos de estreiteces. En plena crise económica os gastos das Administracións públicas considerados como supérfluos son ollados con especial atención. No caso galego, os coches oficiais, o seu uso e o seu custo están no centro do debate político desde que en 2009 o PP basease boa parte da súa campaña electoral en asegurar que o Goberno bipartito tiña unha especial "tendencia ao luxo" que se materializaba nos automóbiles que empregaban para se desprazar. Tres anos despois un organismo público vén de iniciar unha operación de contratación en materia automobilística que, de ter caído nas mans da candidatura de Alberto Núñez Feijóo naqueles comicios, moi posiblemente tería rematado sendo munición electoral de calibre groso. Trátase do Porto de Vilagarcía, con dependencia orgánica do Ministerio de Fomento por ser considerado de "interese xeral do Estado" pero con notable ligazón política e institucional coa Xunta. A súa autoridade portuaria puxo en marcha hai apenas dous meses o proceso de aluguer dun novo vehículo oficial para a súa presdienta, Sagrario Franco, nunha operación que terá un impacto nas arcas públicas de ata 55.759.

Este orzamento de licitación -cantidade máxima que a Administración está disposta a pagar- é o incluído no prego de condicións dun contrato xestionado coa modalidade de negociado sen publicidade -coñecido popularmente como a dedo-, segundo o cal o organismo convida a unha serie de empresas que teñen que presentar as súas ofertas para optaren a ser prestadoras do servizo. O que contratará a autoridade do porto vilagarcián é un aluguer "de longa duración" e que se estenderá dende o presente ano 2012 ata 2015. Durante este período a empresa adxudicataria recibirá cada mes unha suma de cartos ata completar o devandito máximo de 55.759 euros. Os pagamentos correspondentes a 2012 sumarán a final de ano ata 8.063 euros. Durante os catro anos seguintes a achega será de 9.676 euros, isto é, 806,30 euros ao mes ou, o que é o mesmo, case 165 euros máis que o actual e conxelado salario mínimo interprofesional.

O contrato, negociado sen publicidade, estipula que o coche será un Citroën C5 con cambio automático e "climatizador cuatrizona"
Ademais dos datos económicos os documentos da contratación permiten coñecer as características que o Porto de Vilagarcía esixe para o coche oficial da súa presidenta. O organismo público afina moito as súas peticións, ata o punto de especificar a marca do automóbil ou algunhas das súas prestacións extra. Sagrario Franco viaxará nun Citroën C5 berlina que terá que estar "novo a estrear". O seu motor será diésel e disporá de cambio de marchas automático. Ademais, disporá de medidas de confort que non adoitan ter os utilitarios, como é un un "climatizador cuatrizona". Entre o equipamento figurará tamén un "deterctor de obstáculos dianteiro e traseiro".
Xunto a estes requisitos mínimos a Autoridade Portuaria advirte de que "terán mellor consideración outro tipo de prestacións relativas á comodidade, seguridade, condución" ou "redución de emisións" nun coche que percorrerá un "máximo" de corenta mil quilómetros ao ano, isto é, algo máis de 3.300 quilómetros ao mes. No contrato do coche van incluídos "todos os traballos precisos para que permaneza en perfecto estado". En caso de avaría, "o adxudicatario recollerá o vehículo no lugar onde se atope no prazo máximo de tres horas" e, se é necesario, achegará "un vehículo de substitución" de "iguais ou superiores prestacións".
Nestes tempos de crise, outros gastos da Administración son tamén mirados con lupa. Logo das polémicas declaracións do Valedor do Pobo, nas que apostaba por suspender a Lei de Dependencia e apoiaba os recortes, hoxe El País lembra que esta cuestionada institución mantén un orzamento de dous millóns de euros, un soldo de 70.000 e un coche novo de 62.000. 


Nova publicada por David Lombao en Praza Pública

10 de febrero de 2012

BALTASAR GARZÓN CONDENADO

O XUÍZ GARZÓN INHABILITADO 
                                                                                                                                                                 O Tribunal Supremo condenou este xoves o xuíz Baltasar Garzón a 11 anos de inhabilitación polas escoitas en prisión aos cabecillas da trama Gürtel, o que significa a súa expulsión da carreira xudicial. A condena, durísima, engade o pagamento dunha multa e as costas do proceso e sinala que o maxistrado da Audiencia Nacional vulnerou de forma "drástica e inxustificada" o dereito de defensa de Francisco Correa, Pablo Crespo e Antoine Sánchez, o que lle suporá a "perda definitiva" do cargo.
O tribunal di que non se podía gravar “sen dispor de ningún dato que puidese indicar minimamente, nunha valoración razoable, que a condición de letrado e o exercicio do dereito de defensa estaban a utilizarse como coartada para facilitar a comisión de novos delitos”. Hai dúas semanas o ex presidente da Comunidade Valenciá, Francisco Camps, foi absolto por un xurado popular dun delito continuado de suborno por aceptar agasallos da trama Gürtel.
Despois de repasar os editoriais da prensa saco duas conclusión moi claras. Dunha banda os xornais progresistas denuncian unha persecución implacable  contra o "superjuez" e amosan o seu estupor pola sentenza.  Doutra banda os xornais conservadores e ultraconservadores nos que se ven a decir que Garzón ten ben merecida a condena por, máis ou menos, meterse donde non debía, en clara referencia a o segundo dos xuicios os que se enfrontóu o xuíz, que non é outro que o caso da investigación polos desaparecidos do Franquismo. Eso sí, non comparan esta condena coa doutro xuíz condenado polo mesmo delito(prevaricación) na que foi castigado potan só dous anos.                       Podedes ver as duas caras da nova nos videos que se engaden .