Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PANOS BRANCOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PANOS BRANCOS. Mostrar todas las entradas

22 de junio de 2017

"PANOS BRANCOS" CONTRA A DROGA EN CAMBADOS














O vindeiro 26 de xuño en Cambados terán lugar os actos centrais da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a Droga, en coincidencia co Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, instaurado pola Organización de Nacións Unidas -ONU-, que quere suliñar a importancia decisiva da prevención do consumo de drogas e a necesidade de escoitar a nenos e mozos como primeiro para para axudarlles a crecer sans e seguros.
A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de nenos e xóvenes, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema, tendo entre os seus principais obxectivos aumentar a sensibilización social fronte o consumo de drogas e o narcotráfico de Galicia, previr futuros consumos e adiccións e incrementar o rexeitamento social ó narcotráfico.
PARTICIPANTES
O amplo respaldo social con que conta Panos Brancos é a súa principal garantía de éxito.
A campaña deséñase en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Dende a súa primeira edición Panos Brancos conta co apoio, entre outras institucións, do Goberno e do Parlamento de Galicia, da FEGAMP e numerosos concellos de Galicia.
ACTOS INSTITUCIONAIS EN GALICIA
A través da FEGAMP convidarase ós concellos e diversas institucións participantes, a amosar a súa bandeira branca durante o venres 26 de xuño, Día Internacional contra a Droga poidendo facer diversas actividades ó longo da mesma, tales como a lectura do manifesto da campaña que será remitido a través da FEGAMP.
Os actos centrais da campaña terán lugar o luns 26 de xuño en Cambados (Pontevedra).
O acto desenvolverase ás 11:00 na Praza do Concello, e contará con:
- Lectura do Manifesto
- Firma da Bandeira contra a droga
- Actuacións musicais
- Solta de globos brancos
Fonte: 




26 de febrero de 2015

ALUMNOS DE CAMBADOS PARTICIPAN NO TORNEO "PANOS BRANCOS"




O I.E.S. Asorey  participa no torneo deportivo intercidades “Panos Brancos contra a droga”. Unha selección de alumnos e alumnas da ESO en Boiro mañán venres 27 de marzo.
O alumnado do centro participara formando parte dunha selección que representa a Cambados, na que estarán integrados tamén alumnos e alumnas do I.E.S. Ramón Cabanillas.
Con esta actividade pretenden:

  • Colaborar coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico na campaña de sensibilización social “Panos Brancos contra a Droga” que dita Fundación promove e organiza dende hai oito anos.
  • Promover entre o alumnado comportamentos e hábitos saudables.
  • Difundir os valores asociados á práctica deportiva.

@s alumn@ participantes por este centro son:

2º B     Mónica Padín Castro
3º A     Daniel González Otero
3º C     Alejandro Guillán Prado
3º C     Andrés Cacabelos Romero  ( Cap )
3º C     Emilio Martínez Álvarez ( Port )
3º C     Alejandro Oubiña Lobato
4º A     Sergio Costa Amil
4º A     Adrián González Costa
4º A     Adrián Charlín Martínez
4º B     Ainoha Barreiro Fuentes
4º B     Noelia Caneda Baúlo





27 de febrero de 2013

1º TORNEO INTERCIDADES PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA





O vindeiro venres no pavillón municipal de Fontecarmoa e contará coa participación de institutos tanto da capital arousá, como de Cambados, Ribeira e Vilanova de Arousa. O obxectivo é promover o hábito do deporte entre a mocidade e previr que caian no mundo das drogas.


Non é o primeiro torneo Panos Brancos, pero si a primeira vez que se fai coa participación de varios municipios. Un evento que nace coa intención de perpetuarse e de ir rotando por outros pobos en vindeiras edicións.
Unha ducia de institutos, máis de 150 alumnos de Cambados, Vilanova, Vilagarcía e Ribeira, participarán neste torneo. Cada un dos concellos acudirá á cita cunha selección nas modalidades de fútbol e baloncesto. Os equipos serán mixtos e coma sempre, o carácter competitivo é secundario.

A Fundación conta coa colaboración dos concellos para realizar esta actividade. No acto de presentación estiveron a concelleira de deportes de Vilagarcía, Elena Suárez e mailo tenente alcalde cambadés, Antonio Iglesias.
Os actos do torneo arrancarán ás dez da mañá coa firma da Bandeira Branca contra a Droga polos deportistas participantes. Logo celebraranse os partidos e posteriormente contra as 13 horas  porase o peche coa entrega de trofeos.