Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta B. SANTANDER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta B. SANTANDER. Mostrar todas las entradas

15 de julio de 2013

O C.R.D.O. RIAS BAIXAS E O SANTANDER FIRMAN UN ACORDO PARA FACILITAR O ACCESO A OS SERVIZOS FINANCEIROS DA ENTIDADE













O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e o director territorial de Empresas do Grupo Santander, Miguel Alonso Fernández, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para facilita o acceso aos servizos financeiros de Grupo Santander ás bodegas amparadas por esta denominación de orixe. Juan Gil de Araujo explica que con este acordo "desde o Consello Regulador pretendemos, nestes tempos de dificultade económica, facilitar ás empresas o acceso aos servizos financeiros nas mellores condicións posibles".
Un punto no que coincidiu Miguel Alonso, quen sinalou que "ofreceremos unhas condicións definidas e adaptadas ao perfil e as necesidades das bodegas e poñerémonos a súa disposición para apoialas en todos os problemas aos que se enfrontan". Neste sentido, destacou a vocación de internacionalización que teñen as bodegas da DO Rías Baixas "xa que se identifica coa filosofía que identifica ao Grupo Santander e aos seus clientes".
Facilitar o acceso ao crédito

O presidente do CRDO Rías Baixas explicou que este convenio, aprobado polo Pleno do Consello Regulador o pasado 27 de xuño, "servirá para que todas as empresas da denominación teñan maiores facilidades de acceso ao crédito e sexa moi beneficioso para todas elas". Un obxectivo ao que se uniu Miguel Alonso, que confía en que "deste convenio de colaboración sairán negocios e esperamos unha boa resposta por parte das bodegas da DO Rías Baixas".


Un convenio de colaboración que se integra dentro do denominado "Plan 10.000" do Grupo Santander para facilitar o acceso das pymes ao crédito. Na actualidade, a Denominación de Orixe Rías Baixas ampara a un total de 177 bodegas.