Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ASOBLOG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ASOBLOG. Mostrar todas las entradas

11 de enero de 2013

DERRADEIROS DIAS DA EXPOSICION DE JOSE BELLVER

 








Derradeiros dias para ver a exposición de fotografía de D. José Bellver Álvarez no Pazo de Torrado. Magníficas fotografías de Cambados e outros puntos da Provincia de Pontevedra. A destacar o video de dez minutos aproximadamente  e no que se pode ver un Cambados descoñecido para a maioría de nos. Foi feito en 1931.


A exposición pecha o vindeiro domingo dia 13. Dende eiquí animámosvos a visitala, non vos defraudará.

José Bellver Álvarez ( Ponferrada, León, 1896- Pontevedra, 1968) estivo destinado en Cambados como xuíz de primeira instancia, e tamén noutras localidades como Caldas, Ortigueira ou Redondela. O seu derradeiro destino foi en Pontevedra onde se xubila coma Maxistrado da Audiencia Provincial. Alí morre en 1968.

Foi un gran afeccionado á fotografía que combina tamén co seu interese pola pintura e o cine. Durante a súa estancia en Cambados nos anos 20-30 tomou numerosas fotografías da vila, das súas rúas e monumentos e das súas xentes, recollendo esceas do mercado -que naquel entón aínda se celebraba en Fefiñáns- ou do traballo dos mariñeiros.

O fondo documental de Bellver está custodiado no Museo de Pontevedra, e en Cambados expóñense agora 62 imaxes, seleccionadas pola comisaria María Reyes Camiña. A exposición estará aberta ata o 13 de xaneiro, no Pazo de Torrado.


Ultima Hora
Parece ser que a exposición vai estar aberta algúns días máis, aínda que non podemos asegurar a cantidade de tempo máis. 

19 de diciembre de 2012

ASOBLOG ORGANIZA UN DESFILE DE MODA




A Asociación Cultural Asoblog Salnés, realizará o vindeiro domingo 30 de decembro, ás 18:00 horas, no Salon de Exposicións e Congreso J.Pena de Cambados, un pase de modelos co fin de presentar os deseños de tres grandes deseñadoras cambadesas. Eva Soto, Monica Guillán e Marta Varela darán a coñecer os seus deseños creativos na súa vila natal.

Estas tres deseñadoras conseguiron cos seus deseños ser coñecidas a nivel nacional e internacional no mundo da moda. Pero a elas tres quedáballes unha taréa pendente; mostrar os seus deseños en casa. Esta é a razón do acto organizado por Asoblog Salnés que pretende achegar a creatividade de tres deseñadoras cambadesas aos seus veciños.

A cita non só servirá para ver desfilar os deseños destas jovenes promesas do mundo da moda, senón que tamén para achegar un pouco máis este mundo aos cambadeses. Durante o acto realizarase tamén a proyeccion do documental ?Galicia emerxente? no cal faise referencia a Monica Guillán.

A entrada a este evento é totalmente gratuíta.

Eva Soto Conde (Cambados, 1984)
eva soto 2
Licénciase en Belas Artes e en Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA).

En 2009 realiza prácticas no equipo de deseño da empresa ?JESUS PEIRO?, Barcelona.

Presenta o seu proxecto fin de carreira na pasarela ?DEBUT 09?

A continuación ampla os seus estudos cursando un máster de profesorado na Facultade de Belas Artes (Pontevedra) Imparte un taller ?ORIGAMI APLICADO A La MODA? no programa Debut 2011 (ESDEMGA).

En 2010 presenta a súa colección no desfile?Almacén de Ideas? en Pasarela Aberta de Murcia. Gaña o 1º premio ao mellor complemento e ao mellor traxe de baño na Mostra Nacional de Novos Deseñadores de Cantabria. No mesmo ano tamén obtén o 1º premio de deseño de xoias no programa ?Xuventude Crea?. En 2011 gana o 1º premio no concurso Internacional de vestidos de papel. Tamén gaña o 1º premio no Concurso de Novos deseñadores de Noiva organizado por FIMO e o 1º premio no Concurso Nacional de vestidos de papel de Mollerusa.

Mónica Guillán González (Cambados, 1986)
monica gullan 2
En 2005, tras o bacharelato, matricúlase na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde cursa o Ciclo superior de Estilismo de Indumentaria..

En 2006 e durante un mes, realiza as prácticas dos seus estudos de Estilismo da Indumentaria no Centro dramático Galego (IGAEM)

En 2006 comeza os Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (EASD). En 2011 é Licenciada nos Estudos Superiores de Deseño de Moda

En 2009, Debuta na Pasarela de Moda independente: Singular Stop

En setembro 2010 queda finalista no Certame de moda Nacional de Cantabria, no cal resulta premiada co primeiro premio .

En outubro de 2010: presenta o seu proxecto fin de carreira na pasarela : Despunte 10

En decembro de 2010 desfila novamente na Pasarela de Moda de Galicia : Singular Stop coa Colección Petite Coquille

En xullo 2011 participa no desfile Vigo Fashion Lunch coa súa colección Petite Coquille

En setembro de 2011 saca a súa nova colección ,girls don´t cry , coa cal desfila no Cértamen de Novos deseñadores de Cantabria.

En novembro de 2011 desfila novamente coa súa colección Girls don´t cry na Galicia Fashion Week na cal resulta premiada co primeiro premio.

En febreiro de 2012: presente na Semana Internacional da Moda de Madrid , con propia colección no apartado EGO.

En marzo de 2012 : desfila coa súa colección Girls don´t cry xunto con Francis Montesinos no Certame Dolce Vita na Coruña

En maio 2012: gañadora Certame Gran Via de Vigo.

Marta Varela (Cambados,1990)
marta varela 2
No 2009 empezou os seus estudos de Estilista e Coordinadora de Moda na escola superior Goymar A Coruña. Actualmente segue formándose en Patronaje Industrial en Goymar A Coruña; e traballa en Lavamar empresa que traballa desde fai 25 anos para Inditex.
Debutou en novembro deste ano en Arousa Noivas con Beatriz Torres de Tower Estilismo como madriña, o que lle dió a oportunidade de que Vicky Martín Berrocal coñecese a súa primeira colección.
En decembro participou no desfile novos deseñadores no Pazo dá Mercé, Neda.

Outubro 2012: Desfila cos seus deseños en CoruñaWapa.
Artigo de Dos Vueltas de Tuerca

31 de agosto de 2012

CONCURSO DE LOGOS DE ASOBLOG





A "Asociación Cultural Asoblog Salnés" organiza un concurso para atopar o seu logotipo. O obxectivo deste concurso é conseguir o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa da Asociación Cultural Asoblog Salnés en toda a súa difusión da información sobre o mesmo a través de documentos oficiais así como en todo o referente a esta asociación en internet. Poderán participar neste concurso todas as persoas tanto físicas como xurídicas de calquera nacionalidade e no cal cada concursante poderá presentar un máximo de tres propostas.
 Os traballos poderán ser entregados de diversos xeitos, como son: 1. En papel: A proposta illada en cor, así como tamén en escala de grises/branco e negro, nunha folla mínimo de DINA4 e máximo de DINA3. 2. En formato electrónico: A proposta illada en versión cor, así como tamén en escala de grises e branco e negro. Deben ser facilmente reproducibles con programas comúns de visualización de imaxes. Poderanse entregar destas dúas formas: 1. Gardado nun CD. 2. Por medio do correo electrónico da asociación: asoblogsalnes@gmail.com 3. A proposta presentada poderá ir acompañada dunha breve explicación, de extensión non superior a unha páxina en calquera dos xeitos que se presente. O prazo de entrega dos traballos vai desde o 1 de setembro do 2012 e finaliza o 28 de setembro do 2012, ambos inclusive, e serán excluídos do concurso todos aqueles traballos que se entreguen fóra de prazo. A entrega de premios realizarase o próximo 6 de outubro. O lugar e hora da entrega de premios anunciaráselles aos participantes por correo electrónico ou por teléfono. Para máis información accede aquí ás bases aquí

MAÑÁN 1 DE SETEMBRO NACE UN NOVO BLOG.... ASOBLOG SALNÉS





Mañán sábado 1 de setembro estréase na rede ASOBLOG un blog escrito por 17 arousáns pertencentes a Asociación de Bloggers do Salnés, ASOBLOG SALNÉS.

No ASOBLOG poderás atopar información de case todo. Hai seccións de poesía e literatura, música, escultura e pintura, cine e fotografía e por suposto novas da nosa comarca e de fora, a actualidade en unha palabra, do máis cercano.
Os 17 compoñentes somos tan diferentes entre nos que calquera que sexan as vosas inquietudes verédelas refrexadas neste blog. Hai xente xoven, menos xoven, solteiros, casados, homes, mulleres, traballadores, parados, estudiantes, artistas......


Nestes primeiros dias cecáis a cousa non vaia como desexamos, pero pouca pouco iremos mellorando pensade que si xa é difícil levar un blog unha persoa como será o coordinar a 17 que aínda vivindo tan preto, as suas ocupacións, familia ou estudos limitan un pouco a sua dedicación. Agardamos que todo saia medianamente ben e que sobre todo vos guste a vos a os lectores a quenes vai dirixido.

 ASOBLOG naceu hai uns meses para aglutinar a todos os bloggers de Cambados, a o principio, e ir ampliando a todo aquel que quixera entra fora de donde fora. Fixemos en maio a nosa presentación en sociedade cun recital poético co gallo do Dia das Letras Galegas e pouca pouco iremos facendo máis cousa como o concurso de logos do que pronto se vos darán novas nos blogs individuales e no propio ASOBLOG. Para acceder preme aquí

EMPLAZARVOS A QUE MAÑÁN ENTREDES EN ASOBLOG E QUE VOS GUSTE......


ASOBLOG SALNÉS
asoblogsalnes.blogspot.com