O covid continúa sen parar na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Onte rexistráronse 128 novos contaxios e, nas últimas 24 horas, detectáronse 124 positivos. Pero tamén hai que dicir que se fixeron algúns PCR menos, polo que non podemos falar de mellora. Pola contra, a evolución é preocupante porque cada día aumentan os casos activos na área sanitaria, a pesar de que se están dando de alta continuamente por contaxios que se produciron hai máis de dez días.
Hoxe, segundo os datos do Sergas, o número de casos activos ascende xa a 1.251. Son moitos máis os que había na área sanitaria o ano pasado neste punto da Ponte da Inmaculada.
Nos últimos dez días deuse conta do falecemento de seis persoas en Montecelo ás que se lles diagnosticou o virus. Trátase de seis pacientes con patoloxías previas de 74, 75, 81, 91, 92 e 93 anos de idade que permaneceron no hospital de Pontevedra.
Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días (datos do SERGAS) no Salnés:
Cambados 40
Illa de Arousa -10
Meaño -10
Meis -10
O Grove 36
Ribadumia 18
Sanxenxo 26
Vilagarcía de Arousa 170
Vilanova de Arousa 25
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.