Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2021

SETE FERIDOS, DOUS MENORES, NUN ACCIDENTE PRÓXIMO A ROTONDA DE VILARIÑO



Sete persoas resultan feridas despois de colidir catro vehículos en Cambados Unha colisión múltiple entre catro vehículos, que circulaban pola VG4
.3, á altura da rotonda de entrada á localidade, saldouse con sete persoas feridas, dous menores de idade. O accidente ocorreu pasados poucos minutos das 12:15 horas, a esa hora, varios usuarios da vía contactaban co 112 Galicia para informar do sinistro. Segundo a información recibida, algún feridos parecía estar atrapado no interior dos turismos afectados.

Enseguida, con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros do Salnés, que confirmou o uso do material de excarceración para liberar ao condutor dun dos turismos.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron o traslado dos sete feridos aos respectivos centros sanitarios de referencia.

Excarcérase ao condutor do Mercedes
M.A.D.L. de 53 anos e veciño de Ribadeo que é trasladado ao Hospital do Salnés cos dous menores de 10 anos e 5 anos. A copiloto E.X.C. de 31 anos é evacuada en estado grave ao Hospital Montecelo pola Ambulancia Medicalizada do 061. O condutor do BMW, M.M.A. de 18 anos é evacuado ao Hospital Domínguez ferido leve. A condutora do Nissan Micra G. L. R. de 37 anos e a copiloto M.I. G. C. de 80 anos
feridas leves tamén ao Hospital Domínguez. A estrada estivo cortada desde a hora do sinistro ata as 15:00. Protección Civil de Cambados colaborou tamén na limpeza de calzada.
Ao lugar dos feitos acudiron, Bombeiros do Salnés, Emerxencias Cambados, Policia Local de Cambados, Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Atestados, Ambulancias do 061, Ambulancia Medicalizada, Protección Civil de Vilagarcia e Mantemento de Estradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.