Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2021

O GROVE, MEIS E A ILLA SUBEN DE NIVEL DE RESTRICIÓNS. SANXENXO BAIXA



Estas medidas entran en vigor na medianoite do xoves 8 ao venres 9 de abril.
A Pobra do Caramiñal e O Grove, en nivel máximo de restricións desde o venres Beade baixa a nivel medio, onde tamén estarán desde o día 9 Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona
O Comité Clínico da Xunta de Galicia reuniuse, como sucederá todos os martes e venres das próximas semanas, e anunciou os novos cambios de restricións que entrarán en vigor este venres 9 de abril. Destaca a subida da Pobra do Caramiñal e O Grove a nivel extremo tras os aumentos de casos estes últimos días. Estes son os principais cambios: Pasan a nivel extremo A Pobra do Caramiñal e O Grove e abandónao Beade. Estarán en nivel alto os municipios de Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa de Arousa e Carral. As novidades son A Illa de Arousa e Carral, e abandónano o nivel Abegondo, Baiona, Cortegada, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, Sanxenxo e O Saviñao. Estarán en nivel medio os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. O Carballiño é a novidade, e abandónano Vilardevós, Celanova, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas.
O resto de municipios galegos están en nivel medio-baixo. A Xunta de Galicia mantén as regras definidas hai uns días, e en principio non ten pensado cambialas polo menos ata despois de Semana Santa. Os niveis de restricións Primeiro nivel: risco extremo Neste nivel atópanse aqueles municipios que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. A partir do venres 9 de abril serán O Grove e A Pobra do Caramiñal. Estes municipios manterán as medidas actuais: Peche total de hostalería. Peche perimetral municipal. Reunións só conviventes. Segundo nivel: alto A partir do venres 9 de abril estarán estes municipios neste nivel: Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral. Reunións de ata seis persoas non conviventes en exterior e catro en interior. Apertura da hostalería: 50% terrazas ata 21:00 horas Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo Terceiro nivel: medio Nos que estean por baixo dos 250 casos por 100.000 habitantes e por encima de 150, atópanse estes municipios de Galicia desde o venres 9 de abril: Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. Poderá abrir a hostalería ata as 21:00 horas un 30% en interior e un 50% en terraza Reunións de ata seis persoas non conviventes en exterior e catro en interior. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara. Cuarto nivel: medio-baixo Todos os concellos de Galicia por baixo de 150. Representan o 85 % da poboación da comunidade. Poderá abrir a hostalería ata as 21:00 horas un 50% en interior e un 75% en terraza Reunións de ata seis persoas non conviventes en exterior e catro en interior. Movilidad co resto de concellos salvo os de nivel máximo 

Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.