Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2021

O ALIVIO NAS RESTRICIÓNS AXUDA A BAIXAR O PARO


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) descendeu en 4.509 persoas en marzo en Galicia en relación co mes anterior, o que supón unha diminución do 2,43%, superior á da media (-1,5%), segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo. Deste xeito, o desemprego situouse na comunidade galega en 180.719, que, en calquera caso, son 6.238 máis que os que había no mesmo mes de 2020, que foi o do estalido da pandemia do coronavirus. Por iso, o aumento con respecto a hai un ano é do 3,58%.

Pontevedra pechou o mes de marzo con 1.330 demandantes de emprego menos nas oficinas públicas de emprego. Así se desprende do último balance oficial do Ministerio de Traballo coincidindo cun mes no que se aliviaron as restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para frear a expansión da terceira onda da pandemia. Segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Traballo, a cifra total de demandantes de emprego na provincia era ao 31 de marzo 70.190, un 1,86% menos que un mes antes.

A nosa comarca segue a tendencia xeral e baixa o número de parados. Todos os concellos melloran menos Meis que acumula 4 parados máis. Por concellos destacan Sanxenxo e O Grove con 92 parados menos en ambos os municipios. Vilagarcía e Cambados baixan en 41 e 45 persoas respectivamente o número de parados. En total no Salnés o paro baixou en 328 persoas pasando de 9,281 a 8,953 desempregados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.