Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2021

SEIS VIÑOS RIAS BAIXAS ENTRE OS MELLORES EN IRLANDA


Seis viños das Rías Baixas lograron situarse entre os mellores de España no certame “ Best of Spain Wine Challenge”, un concurso organizado pola Unión Española de Catadores que se celebra en Amsterdam e Dublín. Neste caso as seis adegas lograron o premio na versión irlandesa, co Best of Wine Challenge Ireland 2020.

Dúas adegas lograron clasificarse entre os premiados como “ Grand Gold” mentres que outras catro levaron o premio “Gold” nunha competición entre viños brancos, rosados, tintos, espumosos, de agulla, xenerosos e doces, todos eles elaborados en España. A máxima distinción foi para Agro de Bazán, co seu viñoGranbazán etiqueta ámbar” e para a Unión de Adegueiros Galegos conLagar do Frade”. O primeiro deles procede dunhas cepas de máis de 35 anos no Salnés. Destaca, segundo a adega, por unha “alta intensidade aromática con predominio en nariz de notas tropicais como o litchi, froita da paixón e a guayaba, enmarcada no característico perfil cítrico e floral da variedade. En boca é unha explosión de sabores onde a acidez e a salinidade son os protagonistas”.
En canto a “ Lagar do Frade”, trátase dun viño albariño de 12,5º de cor amarela pajizo e moi afrutado en nariz, de intensidade media, con recordo a mazá e pera. En canto aos galardoados co premio de ouro, lograron o distintivo as adegas Agro de Bazán con “ Granbazán etiqueta verde”, Marqués de Vizhoja con “Torre a Moreira”, Adegas Pablo Padín con “Albariño Segrel Ambar” e Adegas Rioxanas con “Veiga Naum”.
Granbazán etiqueta verde é un viño de perfil clásico e esencia do Salnés elaborado a partir dos mellores mostos macerados de uva albariña a beiras da ría de Arousa. Trátase dun caldo cunha gradación acohólica do 13%. Torre de Moreira de Marqués de Vizhoja trátase do albariño máis puro da marca. Un Rías Baixas elaborado 100% con uvas propias seleccionadas e colleitadas manualmente nas case 40 hectáreas de viñedo en leira A Moreira.
Segrel Ámbar, de Adegas Pablo Padín, ofrece uva albariño das parcelas da adega no Salnés. É un dos Rias Baixas máis premiados nos prestixiosos concursos que participou a nivel nacional e internacional. Por último, Adegas Rioxanas logra o galardón “Gold” con Veiga Naúm, veu elaborado con “mimo artesanal” por unha pequena adega familiar, Veiga Naúm en pequenas parcelas exclusivamente da variedade albariño distribuídas polo Salnés baixo o selo de viticultura sostible. O xurado destes premios está composto por líderes de opinión e críticos especializados do sector en Irlanda, un dos países europeos que máis viño español importa cada ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.