Coronavirus Pontevedra-Salnés: 15 contaxios novos e soben a 217 os casos activos A área pontevedresa empeora hoxe levemente e Sanxenxo continúa sendo o seu lugar con maior incidencia. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés volve sumar varios casos activos hoxe, con 8 infectados máis debido non tanto a un elevado número de contaxios senón sobre todo a un baixo número de altas. A situación é un pouco peor que o luns pasado, con 9 infectados máis, pero a área sanitaria leva unha ducia de días movéndose en datos moi similares, entre os 200 e os 220 infectados. Nas últimas 24 horas producíronse 15 contaxios novos e 7 altas, o que fai que suban en 8 os casos activos, pasando dos 209 de onte aos 217 de hoxe. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés- Cambados 3 22 Meaño 0 0 Meis 3 63 O Grove 10 94 Ribadumia 0 0 Sanxenxo 48 277 Vilagarcía de Arousa 10 27 Vilanova de Arousa 3 29
Descende lixeiramente a incidencia en Sanxenxo e Marín, pero aumenta en Pontevedra e en lugares próximos como Ponte Caldelas. A zona do Salnés (exceptuando Sanxenxo) mantén unha incidencia moi baixa. Cambados prosegue co seu movemento oscilante desde hai varios días, movéndose entre os 10 e 12 infectados. Hoxe baixa 1 e sitúase con 11.
O número de pacientes hospitalizados sobe de 19 a 21 persoas, distribuídas en 20 pacientes no CHU de Pontevedra (19 en planta e 1 na UCI), 1 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 12.735 casos de coronavirus, con 161 falecementos, 12.357 altas e 217 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.