Coronavirus Pontevedra-Salnés: 15 contaxios novos e mantéñense en 209 os casos activos. A área de Pontevedra e O Salnés rexistra o mesmo número de contaxios que de altas, pero resta hospitalizados. Día de poucos cambios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que rexistra o mesmo número de contaxios que de altas e mantén a mesma cifra de casos activos, pero resta un paciente hospitalizado, polo que a situación é mellor. A localidade de Sanxenxo segue sendo a máis afectada da zona. Cambados segue en 10 casos como onte. Nas últimas 24 horas producíronse 15 contaxios novos e 15 altas, o que fai que se manteñan en 209 os casos activos. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés.
Cambados 3 22
Illa de Arousa 3 61
Meaño 3 57
Meis 3 63
O Grove 3 28
Ribadumia 0 0
Sanxenxo 37 213
Vilagarcía de Arousa 3 8
Vilanova de Arousa 3 29
Continúa aumentando a incidencia de Sanxenxo, e hoxe soben tamén as de Pontevedra e Marín. no resto da área sanitaria a situación está moi tranquila, sen apenas casos nas últimas dúas semanas.
O número de pacientes hospitalizados baixa de 17 a 16 persoas, distribuídas en 15 pacientes no CHU de Pontevedra (13 en planta e 2 na UCI), 1 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo, desde o inicio da pandemia tivo 12.685 casos de coronavirus, con 161 falecementos, 12.315 altas e 209 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.