Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2021

A XUNTA VOLVE A NINGUNEAR A CAMBADOS


A ALCALDESA DE CAMBADOS LAMENTA QUE O DELEGADO DA XUNTA NON A CONVOCASE Á XUNTANZA PARA FALAR DOS VERTIDOS AO RÍO UMIA EN CABANELAS

Considera que un mínimo respecto institucional debería ter propiciado a presencia de Cambados, concello directamente afectado pola situación

A xuntanza celebrada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, para abordar novamente o vertido de Cabanelas, moi preto do límite entre Ribadumia e Cambados, causa sorpresa na Alcaldía de Cambados. A alcaldesa, Fátima Abal, considera que tiña que ter sido convocada a esa xuntanza e non alcanza a comprender os motivos polos que o delegado excluíuna e sentou, en cambio, ao alcalde de Vilanova, que pouco o nada ten que ver con esta problemática.

Fátima Abal invita ao delegado da Xunta a visitar o Concello de Cambados para falar dun vertido que leva preto dunha década sen solución e invítao tamén a abordar o problema, se quere conxuntamente, coa Confraría de Cambados, moi afectada polo impacto dos vertidos no banco marisqueiro de O Sarrido. "Se o delegado, que ademais foi alcalde ata hai ben pouco, quere coñecer os problemas reais ten que vir a Cambados a falar con nós en lugar de celebrar xuntanzas estrañas". Fátima Abal lembra que, ademais, a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, solicitou unha xuntanza urxente o pasado mes de febreiro con Augas de Galicia e a solicitude segue sen ser atendida.

A alcaldesa de Cambados destaca que Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente levan moitos anos comprometéndose a solucionar o vertido de Cabanelas. O último compromiso, destaca, data de 2016, cando a ex-conselleira Beatriz Mato anunciou a licitación urxente do proxecto para solucionalo, construíndo un tanque de tormentas e unha conexión coa EDAR. Un proxecto que, daquela, valoraba en 800.000 euros e a Xunta de Galicia anunciaba que se ía financiar con fondos europeos. "Pasou o tempo, non sabemos nada nin do proxecto, nin moito menos das obras, o único que sabemos é que os vertidos continúan e a única resposta da Xunta chéganos a través dos xornais, cunha xuntanza estraña, e con máis promesas inconcretas, sen calendario firme".

"A veciñanza de Cambados e o sector marisqueiro en particular quere solucións xa, porque vemos moitos investimentos de Augas de Galicia en determinados concellos de Galicia, case sempre coincidentes coa cor política que sustenta á Xunta de Galicia, pero todas e todos pagamos ese imposto chamado canon da auga", explica Abal. "Se acabar cun vertido decimonónico a un afluente do río Umia que provoca un gran impacto ambiental non é unha prioridade para Augas de Galicia, non temos moi claro xa que significa a palabra prioridade", conclúe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.