Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de marzo de 2021

A XUNTA INFORMARÁ MAÑÁN DE NOVAS MEDIDAS PARA A PONTE E SEMANA SANTA


O comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus acordou, na reunión mantida esta tarde, que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións nos municipios de Viladevós, Paradela e Maside.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións noutros sete concellos galegos, nomeadamente, nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

Nos restantes municipios da comunidade galega rexerán as medidas fixadas no nivel medio. No referido a outras medidas, perfilaranse mañá nunha reunión encabezada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e sobre as que informará na posterior rolda de prensa.

O conxunto de medidas acordadas polo comité clínico entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 19 de marzo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.