A praza de Fefiñáns no Concello de Cambados será obxecto dunha profunda renovación para adaptala ás novas necesidades e ás novas circunstancias dun entorno xa peonalizado, co fin de que se convirta nun punto de encontro da veciñanza.
Esa é a intención do goberno municipal que onte presentou o proxecto deseñado pola arquitecta cambadesa Paula Alfonso, que serán financiados a través do Plan Concellos 2021.
Os concelleiros de Obras, Samuel Lago, Cultura, Tino Cordal, Urbanismo, Xurxo Charlín e a alcaldesa Fátima Abal detallaron as actuacións no emblemático entorno.
Na Praza de Fefiñans se vai a mellorar o saneamento e as canalizacións de auga para evitar as inundacións de todolos anos, instalar máis arbores e poñer bancos na praza, mellorar o firme da zona arborada, acondicionar o fin da Avda de Vilagarcia volvendo o seu estado orixinal e recuperar a antiga escalinata de Fefiñans.
Desta forma queremos investir en potenciar un dos principais puntos de interese turístico de Cambados para axudar a hostalaría e o pequeno comercio de Cambados que tan mal o estan a pasar pola Pandemia do Covid-19, e a vez devolver ao estado orixinal a Praza de Fefiñans como foi concevida hai séculos, unha praza peonil e pensada para a xente. Neste ano no que se cumpre o 20 aniversario da declaración de BIC do Conxunto Histórico de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.