O día 03/02/2021 tivo lugar a firma do acordo entre a Consellería de Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra para a posta en marcha dun programa de cribado poboacional na provincia de Pontevedra, cuxo obxectivo é identificar a existencia de COVID-19 en persoas asintomáticas, coa colaboración das farmacias, mediante a análise dunha mostra de saliva por PCR aplicando a técnica de pooling.
Será o farmacéutico quen indique a proba á poboación diana, que debe cumprir os seguintes criterios:
• Ter tarxeta sanitaria Sergas
• Dispoñer dun teléfono móbil onde recibir o resultado da proba
• Non ter un resultado positivo en COVID-19 nos últimos 3 meses
• Non ser paciente paliativo ou inmobilizado
• Non traballar ou residir nunha residencia para persoas maiores ou persoas con discapacidade
• Non ser contacto de seguimento COVID-19
• Non facer unha PCR nos últimos 15 días
Ademais, para participar neste programa, a persoa non debe ter síntomas compatibles coa infección ocasionada por COVID-19. No caso de que os presente o farmacéutico deberá derivala ao seu centro de saúde para que lle soliciten unha PCR con mostra nasofaríngea canto antes.
O “Programa para a detección do virus SARS- CoV-2 na cidadanía da provincia de Pontevedra a través das oficinas de farmacia e mediante a auto recollida dunha mostra de saliva” iniciarase na poboación comprendida entre 40 e 64 anos e poderá estenderse a outros rangos de idade dependendo da situación epidemiolóxica. Ata o momento adheríronse ao programa 345 farmacias da provincia de Pontevedra, cuxos farmacéuticos empezarán a próxima semana a indicar a proba e a facilitar o material e a información necesarios para a autorecollida de mostra de saliva ás persoas que cumpran os criterios establecidos pola Consellería de Sanidade.
Listado de farmacias participantes
Cambados 36630 García-Señoráns Álvarez, Marta Alfredo Brañas, 3 986542154
Cambados 36630 Silva Peña, José Ignacio Hospital, 43 986542135
Cambados 36630 Lede Castro, María Amador Plaza Asorey, 8 986524644
Cambados 36634 Seoane Sánchez, Mª Carmen Viviana Pintor Pesqueira, 1-3 Corbillón 986524617

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.