As autoridades sanitarias galegas notificaron este sábado seis novas mortes de persoas diagnosticadas de Covid-19 en Galicia, unha delas (unha muller de 93 anos falecida en Cegadi) procedía da Residencia San José de Arzúa. As vítimas mortais ascenden xa a 2.086 en Galicia.
Segundo as mortes validadas e notificadas por Sanidade, cinco vítimas mortais por pandemia incorpóranse á xornada deste venres 12 de febreiro: a anciá da residencia San José de Arzúa era unha delas. No Hospital do Salnés tamén faleceu un home de 78 anos e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) outros tres falecementos: dous homes de 89 e 82 anos e unha muller de 56.
Este sábado 13 de febreiro notificouse a morte dun home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Todos os falecidos tiñan, segundo Sanidade, patoloxías previas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.