Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2021

PORTOS DE GALICIA E CONFRARÍA A REORDENARÁN O PEIRAO DE TRAGOVE


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, impulsará a reordenación portuaria do peirao de Tragove, no concello de Cambados. Así o ratificou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha reunión de traballo con patrón e o vicepatrón maior da confraría de pescadores da localidade.

Na reunión abordáronse as principais necesidades da confraría no relativo á ordenación do solo en Tragove nas que se están traballando co obxectivo de mellorar a operatividade e a orde portuaria.

Ademais, durante a reunión, a presidenta de Portos trasladou á directiva da confraría os avances na tramitación do proxecto de ampliación da lonxa de Tragove, que se atopa na fase final de contratación. En concreto, tal como sinalou Susana Lenguas, o proxecto da obra atópase en proceso de licitación cun orzamento de 25.000 euros.

Finalmente, a presidenta de Portos mostrou tamén a vontade do ente público de axilizar outras peticións da confraría de pescadores que se atopan xa en tramitación como a retirada definitiva de embarcacións abandonadas no porto, que deben ser previamente incautadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.