Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de enero de 2021

LUIS ARAGUNDE ¿O NOVO CANTINFLAS CAMBADÉS?


Como, seguramente, xa sabedes a maioría de vos, eu   padezo a inmensa   desgraza de vivir moi lonxe do meu amado Cambados e, por iso mesmo, cando,  cada verán,  me achego ao meu querido pobo,  hai  unha serie de ritos  ou costumes  que cada ano cumpro de forma case relixiosa; unha desas manías tan miñas é comezar as vacacións estivais  cunha boa caldeira de mexillóns ao vapor con salsa de tomate caseira, receta de Pilucha,  miña santa nai. A cuestión é que, para tan suculento e nutritivo prato, sempre acudo a buscar os mexillóns á depuradora do meu  amigo Pepe.  O meu  amigo Pepe (a quen coñezo dende fai mais de 40 anos) é unha das mellores e mais cabais  persoas coas que teño a sorte de tratar;  obviamente, coa escusa de ir buscar os mexillóns, sempre aproveito para poñernos ao dia de como vai mundo e, como non, tamén  Cambados i, en algunha  ocasión, téñolle comentado  o mal estado do camiño que chega á súa depuradora,  camiño compartido por outras depuradoras da zona e que levaban moito tempo pedindo  a berros que se lle metera man.

Quizais moitos vos preguntedes a conto de que ben  todo isto,  a razón é ben sinxela i obedece á derradeira (e, probablemente,  non será a ultima)  parida  do xefe da oposición cambadesa, o ínclito Luís Aragunde. 


Que Aragunde  é capaz de afirmar  unha cousa e, a contraria,  é algo ao que nos ten acostumado dende fai moito tempo; o representante do PP cambadés ten demostrado, en mais dunha ocasión,  que o benestar dos cambadeses impórtalle ben pouco e, con tal, de atacar ao goberno local “enmerda” o que faga falta e, a historia,  que vos expoño a  continuación, é un claro exemplo e,  para iso,  temos que ir a, pouco mais dun ano atrás, en concreto a novembro de 2019. 

Naquelas datas,  nun pleno municipal, Luís Aragunde defendía a necesidade de asfaltar o tramo de terra que vai paralelo a costa e  que une varias depuradoras en Tragove; Aragunde falaba da importancia que, para as empresas da zona, era ter un acceso en condicións; o que non deixaba de “chirriar” bastante, en dita argumentación,  era  que, despois de gobernar eles  durante, case, 30 anos, non se deran conta de esa necesidade tan urxente e, soamente, cando chegaron á oposición parece ser que abriron os ollos ou mais ben, quizais, a razón fora que, cando gobernaban eles ese tipo de obras non eran tan “rentables” coma outras que todos os cambadeses temos en mente. En calquera caso, dita petición non era nova porque xa, no ano anterior, o, entón,  concelleiro  de obras José Ramón Abal xa se comprometera a elo pero, de todos é sabido, que “las cosas de palacio van despacio” (e mais cando está Costas polo medio). 

Con todo  hai que sinalar que, o goberno local, levou a cabo as tarefas de asfaltado de dito camiño que quedaron rematadas en novembro de 2020 porque, como xa se sinalou, cando Costas está polo medio, todo pode pasar.  

Despois de todo o relatado anteriormente, plantámonos no pleno municipal da semana pasada onde, polo visto, Aragunde sentía que tiña que facerse notar, sacando  a lingua a pastar para dicir  a inmensa “chorrada” de que era unha chapuza asfaltar agora porque, segundo el,  en breve, Augas de Galicia levaría a cabo as obras de canalización de  dita zona e, por tanto, habería que levantar o asfalto...... sinceramente, queridos amigos, eu hai  ocasións nas que non sei si Aragunde se  fai o parvo  ou, simplemente,  nos quere facer parvos aos demais, ¿como  pode dicir que dita obra se realizará en breve si nin sequera está licitada? Por non falar de que non se levaron a cabo as expropiacións dos terreos  necesarios que, si ben, en Cambados, ditas expropiacións  son mínimas non acontece o mesmo no concello veciño de Vilanova de Arousa (por onde transcorre parte da obra), por non falar  que hai  unha serie de  prazos para alegacións e outros trámites burocráticos, en resumidas contas podemos afirmar,  sen temor a equivocarnos, que para que comecen as obras pode pasar, tranquilamente, un ano (senón é mais) co cal se o Concello de Cambados houbera aplicado a “lóxica” de Aragunde (si é que ten algo de lóxica a maioría das parvadas que solta por esa “boquiña de piñón o ex alcalde de Cambados) as depuradoras de dita zona terían que sufrir, como mínimo,  un par de tempadas invernais  mais  a situación que tanto e tanto levan xa  padecido;  afortunadamente, non foi así e, xa veremos,  si ditas  obras de Augas de Galicia se levan a cabo en breve como afirma o “iluminado” de Aragunde.  

Permitídeme, queridos amigos, unha pequena maldade e,  para elo,  vou darvos un dato interesante: en  1992 (apenas un ano antes da morte do actor  Mario Moreno “Cantinflas”) a RAE (Real Academia da Lingua Española) incluíu no seu dicionario o termo “cantinflear”, que definía como “Falar  ou actuar de forma disparatada e incongruente e sen dicir nada con sustancia”  pois, ben, penso que, na próxima revisión que se faga do dicionario, se, os membros da  Real Academia da Lingua Española se dan unha volta por Cambados e coñecen a Luís Aragunde non seria de estrañar que cambiaran o concepto de “cantinflear” por unha foto do careto de Luisiño porque, ao lado  do xefe da oposición cambadesa, o xenial actor e humorista  mexicano parecera ata serio.    

En calquera caso   como   di o refraneiro popular:  “De ben nacidos è ser agradecidos” e, por tanto, no fondo   hai que darlle graciñas a  Luís Aragunde  porque,  dende hai un tempo, fai mais ameno i entretida  a actualidade política e social  de Cambados;  todos lembramos como,  no anterior mandato, un día non tivo mellor ocorrencia que   transformarse nunha especie de reporteiro e co móbil na man (e grazas á axuda cómplice dun funcionario local que lle chibou en que preciso momento non había ningún concelleiro no casa consistorial) plantouse nas oficinas municipais para denunciar que o goberno local   non estaba traballando todo  o que debía, cando el, por aquela época,  curiosamente, soamente traballaba un dia  ao mes, iso si, cobrando a nada desprezable cantidade de 60.400 euros ao ano da Deputación Provincial... non me digades si non hai que ter mais  collons que o cabalo de Espartero 

¿E que dicir cando, en plena campaña electoral municipal,  destapouse con aquela idea de bombeiro toureiro   de regalarlle uns  bancos ás mariscadoras de Castrelo para que se sentaran cando estaban a vixiar? Aqueles bancos acabaron sendo mais famosos que o BBVA ou o Banco Santander ..... por certo ¿alguén sabe que foi de aqueles bancos? Porque teño entendido que apenas duraron no   sitio orixinal o tempo necesario para posar para a prensa  Luís e algún membro mais do PP, a ver si vai ser o mesmo conto que a pedra da lonxa vella que tanto e tanto se se cansou Luís o Xudio de denunciar; en calquera caso está claro que si, finalmente, Luís Aragunde non é o candidato popular ás próximas  eleccións municipais  cambadesas como vaticinan algúns,  sempre pode fichar polo Club da Comedia porque, dende logo, entretido  e gracioso é coma o que mais. 


Un saúdo a todos

RICARDO DOMINGUEZ REY            

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.