O mapa da hostalería en Galicia: as normas por concello a partir do venresEstas son as restricións por municipio que se aplicarán na reapertura de toda a hostalería este venres 4 de decembro. Galicia abrirá a hostalería e permitirá reunións entre non conviventes a partir do venres Volve a hostalería: aforos e horarios permitidos en todos os municipios de Galicia Novidades no mapa de restricións en Galicia: onde se pode ir e onde non Os bos datos do coronavirus dos últimos días permitiron que este venres abra a hostalería de toda Galicia en diferentes niveis de restrición. Naqueles municipios onde non hai restricións (ou como no caso de Santiago e Ourense, acábanse de levantar) as cousas seguirán como ata o de agora, no nivel "básico" de restricións. Para os que seguen máis afectados establécense tres niveles de restricións que detallamos a continuación e mostramos no mapa. As restricións Nivel máximo (vermello)
Concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia de 250 ou máis habitantes por cada 100.000 a 14 días. Terrazas ao 50 % e peche en interior. Horario: ata as 17.00 horas. Máximo de catro persoas. Aplícase en Pontevedra, Poio, Marín, O Grove, Sanxenxo, Carballo, A Laracha, Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, O Porriño, Cambados e As Pontes.
Nivel medio-alto (laranxa)
Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia entre 150 e 250 nos últimos 14 días por 100.000 habitantes. Aforo ao 30 % no interior e 50 % en terrazas. Máximo de catro persoas. Horario: ata as 17.00 horas. Aplícase en Ferrol, Fene, Neda, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Vilagarcía, Vilanova, Lugo, Lalín, Cangas, Coristanco, Cabana, Malpica, Ponteceso, Muxía, Meis, Meaño, Ribadumia, Cee, Dumbría, Oroso, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo e Vilaboa.

Nivel medio (amarelo)
Concellos cunha incidencia a 14 días de entre 100 e 150 casos por cada 100.000 habitantes. Hostalería ao 40 % de aforo en interior e ao 50 no exterior. Máximo de seis persoas. Horario: ata as 23.00 horas. Aplícase na Coruña, Arteixo, Oleiros, Cambre, Culleredo, Burela, Laxe, Silleda, Soutomaior, Pontecaldelas, Barro e Cerdedo-Cotobade.

Nivel básico
Concellos con incidencia inferior a cen persoas por 100.000 habitantes. Hostalería con aforo do 50 % en interior e 75 % en terrazas. Máximo grupos de seis persoas. Horario: ata as 23.00 horas. Aplícase no resto de Galicia, incluíndo os municipios que acaban de ser desconfinados: Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.