Este ano non haberá Festa do Albariño. O concello de Cambados oficializa que cancelan tódalas actividades que están relacionadas directamente coa organización municipal e non se celebrarán en Cambados nin verbenas nin concertos. Tampouco haberá casetas no Paseo dá Calzada nin calquer outro tipo de acto multitudinario.
Unha noticia que supón un pau económico para a localidad ao seren imposible manter as distancias de seguridade e outras restrincións. Esto obriga a suspender este evento e que deixa sen importantes ingresos a bares, restaurantes, hoteis ou comercio.
O concello principal organizador desta festa cancelea todos os actos da Festa do Albariño en Cambados salvo os que están relacionados directamente co Consello Regulador é dicir, as catas, mesas redondas actos en adegas ou o Túnel do Viño.
O Consello Regulador terá a última palabra si vai ou non a organizar ditos actos.
O primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Tino Cordal explicaba esta mañá a decisión. "Este ano non se organizarán por parte do Concello nin verbenas nin concertos nin haberá casetas no Paseo dá Calzada nin calquera outro evento multitudinario". motivado "polas circunstancias especiais que temos este ano ocasionados pola pandemia da COVID-19, pois entendemos que non podemos celebrar a Festa do Albariño". "poderá haber aquel tipo de actividades estrítamente relacionadas co sector do viño organizadas polo Consello Regulador coa colaboración do Concello de Cambados".
A Festa do Albariño reúne a unhas 200.000 persoas cada ano en Cambados. Cordal explicaba que tamén quedaban canceladas outras festas en Cambados como as de san Antonio, o Carmen, san Roque, as da Pastora ou as da Valvanera.
Todas estas cancelacións supoñen un pau económico para a vila do Albariño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.