Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de junio de 2020

O COMEDOR DO CEIP DE SAN TOMÉ MÁIS CERCANO

-A Xunta solicita así ao concello a súa dispoñibilidade de crédito para dar inicio a la tramitación das obras  
-Os traballos contarán un orzamento de 120.000 euros dos que se farán cargo ao 50% cada administración
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá que a Consellería de Educación acaba de remitir ao concello de Cambados a firma do convenio que permitirá a execución do novo comedor do CEIP San Tomé.
O documento, xa aprobado pola administración autonómica, ten agora que ser ratificado polo concello de xeito que certifique a dispoñibilidade de crédito para o inicio do procedemento administrativo que permitirá a fiscalización dos traballos e a adxudicación das obras.
O convenio contempla que o orzamento da execución do novo comedor será de 120.000 euros que será sufragado ao 50% por ambas administracións.
A obra consistirá na reorganización interior dunha parte do centro, para dotalo dun comedor e dunha aula de atención educativa. A intervención terá lugar nunha zona na que, actualmente, atópase unha vivenda que non ten uso, e no entorno dos aseos xerais. Tamén se ampliará o espazo ocupando parte do patio cuberto existente. O obxectivo do proxecto é destinar un espazo de case 210 metros cadrados para comedor, de xeito que sexa o suficientemente amplo para comedor e para que conte con outro espazo para atención educativa. Ademais, disporanse aseos accesibles para persoas con discapacidade e se reservará un espazo para a Anpa do centro.
O establecemento do servizo de comedor escolar no CEIP San Tomé dará resposta ás demandas da comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.